Archive for febreiro, 2008

feb 17 2008

Forum gastronómico en imaxes. Día I

Moi ao meu pesar, o tempo non me dou para cumplir a miña promesa dunha retransmisión cun diferimento de 24, polo que decidín aumentalas a 48 horas, e rematar así ao mesmo tempo co forum, dado que o luns será o último día que asista.

Mentres tanto vou deixando as imaxes de onte nunha presentación de diapositivas para ir facendovos a boca auga... qué malvado son! ;-)


Aproveito ademáis para saudar a dous compañeiros do metal que coñecín onte en persoa; Delokos de Una cocina delokos e Garbancita de I+D en mi cocina, cos que non tiven moito tempo de falar, pero supoño que luns coa historia dos Código Cociña e os bloggers xa se solventará esta incoveniencia, e coñecerei en persoa a un feixe máis destes bichos raros. (mira quen foi falar!).

Chega de leria, e veña fotos...

Chuzame! chúzame -

2 responses so far

feb 16 2008

Novas dende o Forum…

Forum Gastronómico Santiago. Logo 2008A experiencia de ter un pase de prensa... é doutro planeta. Acceso a todas partes, andar como Pedro por su casa. Non hai colas, agás no bar (isto hai que melloralo para o ano que ven... que tomen nota os organizadores: moble bar con pinchos para os bloggers ;-)).

Se ben o ideal para un evento destes sería facer moblogging, non teño medios e tamén perdería o compoñente de disfrute que me permite ser un afeccionado e non un profesional suxeito a uns prazos e unhas normas. Así o meu tratamento será lixeiramente analóxico, en diferido, con 24 horas de retraso. Non é o que se espera deste tipo de medios, pero non estou disposto a sacrificar a experiencia de perderme un evento, por publicalo a tempo... Non gaño tanto!.

A foto que ilustrará no futuro (espero que esta noite) esta entrada serán os meus compañeiros en acción, hai que vernos co pase de prensa, e currando como se cobrarámos por isto.



O prometido é debeda. Catro equipos para prensa, tomados por Delokos, Sole, Magago e Gourmet que se ofreceu a ocupar o meu sitio, unha vez que premín en: PUBLICAR, PUBLICAR, PUBLICAR... e me convertín no primeiro blog en pulicar algo do forum dende o forum... pero que...que...que raros somos ;-).

Chuzame! chúzame -

2 responses so far

feb 14 2008

De polbo e pulpeiras

Coido que xa contei en varias ocasións, (e se non foi así agora o conto) que a miña nai é cociñeira. A última vez que visitamos o restaurante no que traballa, tratáronnos espectacularmente (como non podía ser doutro xeito) , pero houbo unha cousa que non tería tomado de ningunha maneira: o polbo.

Esa triscante sensación dun polbo con consistencia, con corpo, parece estar en perigo de extinción. E non falo dunha textura buscada a conciencia, con tratamentos e preparacións especiais das que teño oido falar, aínda que non as probei, teño que recoñecer, pero que non dubido sexan novas saídas para este cefalópodo. Refírome a animaliños cheos de estar a cocer, de ser requentados varias veces, da sensación dun moco coa pel despegada. Pensar nisto e quentarme é so un.

Como non podía ser doutro xeito, díxenllo á miña nai, e ela defendeuse explicándonos que continuamente devolvían preparacións á cociña, por estar duro. Duro? É que non teñen dentes?. Pensan que é unha pescada ou rabada? Outra vez me quento.

Para finalizar o compañeiro da miña nai, comenta que a xente pide carne ao punto, e logo a manda de volta dicindo que está crúa. Crúa? Se non saben que é ao punto, ou directamente se non saben comer carne, que non a pidan.

E agora a reflexión: quen ten razón? O cociñeiro ou o comensal? Debe o un aprenderlle ao outro como comer? Non hai unha resposta única, mais en cousas tan obvias coma estas para min si o é.

Tamén esta o de polbo e polbeiras, pulpo e pulpeiras, pero hoxe non toca. Ata poderiamos falar de porque case todas son pulpeiras e no pulpeiros...

Relaxación. Isto é o que necesito. Lémbrarme dunha boa tapa en Casa Fidel O Pulpeiro, coma o da foto. Dende hai anos só o tomo feito por unha profesional...

Polbo á feira de Casa Fidel
Qué cor! Alimenta só de velo...

Toda esta historia ben a conto de que pasado mañá 16 de febreiro, Moraiminha vai participar como xurado no I Concurso de Pulpeiras que se vai celebrar no Forum Gastronómico de Santiago.
Alí estará rodeada de Marcelo Tejedor, Mercedes Rodríguez, Xurxo Fernández, Pep Palau e Miguel Vila, co que de seguro desfrutaremos dunha interesante lectura dominical, coa súa experiencia...

Chuzame! chúzame -

3 responses so far

feb 11 2008

Domingo de entroido

Agora que xa remataron estas festas, boto unha ollada cara atrás para lembrar un dos xantares mais agardados do ano. Aínda que os pratos máis populares do carnaval son o cocido e o lacón con grelos, nos temos a nosa tradición particular, que é a de xantar a cacheira con grelos o domingo de entroido. Para min, é un luxo o feito de poder disfrutar non só dos produtos dunha matanza caseira, senón tamén das patacas e os grelos de nabicol cos que acompañamos á cacheira e ós chourizos, así que o xantar foi realmente delicioso.

Sopa de cocido

Como facía frío, o prato de sopa de entrante axudounos a entonar o corpo para entrarlle á cacheira (que vou dicir eu, se a preparou a miña nai!), que estaba realmente boa.

Porco do cocico, cachucha, cacheira, chourizo, touciño, morro, lombelo...

E de sobremesa... as tradicionais ourellas, como non podía ser doutro xeito, pero tamén unhas follas de limón e filloas de sangue,  das que xa temos falado noutras ocasións, e que non son as tradicionais da época, mais este ano foi especial.
Orellas de entroido


Follas de limón


Filloas de Sangue

Que máis se pode pedir?

Chuzame! chúzame -

5 responses so far

feb 09 2008

Máis berberechos en Pontevedra

Published by makeijan under Actualidade, Persoal, Radio

Mentres as brétemas causadas polos comedores de carne se resisten a abandoarme, deito este pequeno apuntamento, antes de desfrutar dunha reparadora sesta, e prepararme para os eventos do día.

Onte enterouse Moraiminha casualmente de que estaban os de Máis Berberechos no Café Moderno de Pontevedra co gallo do Enterro do Loro Ravachol. E este un programa que escoitamos os domingos deica quedar a durmir, e co que resulta entretido. Así que ata aló fomos, a pasar un bo rato, e agudizar o noso mal estado de saúde física e mental.

Para que vexades o ambiente teño un pequeno video ilustrativo...

Ian todos vestidos co traxe da Galescola, e a delegada da clase levaba unha libreta co padriño. Realizaron unhas cantas entrevistas, compartiron unha bica e licor café... unha festa.


E compartindo a noite co equipo e outros invitados, déronnos as tantas...

Malia o meu mal estado, conseguín subir o resto das fotos ao seu álbum correspondente.

Chuzame! chúzame -

6 responses so far

« Prev - Next »

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume