María de Medeiros
Cando moraiminha me dixo que viña María de Medeiros ao Pazo da Cultura de Pontevedra, pregunteille quen era esa muller co mesmo nome ca actriz portuguesa de Pulp Fiction. Sorprendentemente resultou ser a mesma persoa, e onte fomos vela.
Magnificamente contornada por un pianista bretón, un contrabaixista turco e un percusionista brasileiro, repasou o seu disco A little more blue que segundo os comentarios que fixo entre tema e tema, son unha escolma de cancións, maioritariamente brasileiras (Chico Buarque, Caetano Veloso...), que significaron algo para el durante a súa adolescencia e xuventude.

Dun xeito, diría eu didáctico, enunciaba as traduccións ao castelán das letras, seguramente porque así o ten preparado para a xira española. Algo totalmente innecesario, para actuar aquí, que lle quedou claro cando dubidada se dirixirse ao seu público en portugués ou castelán.
Non hai moito máis que dicir, mellor escoitala e que cada quen xulgue.