Mar 22 2008
Usted ha sido advertido
Qué pensarías se leras isto nunha carta?

Non sei ti, pero o primeiro que asaltou a miña cabeciña foi que había que probalo. Afortunadamente eramos seis comensais e tocou a uns cachiño de polo para cada un, porque era realmente bravo, a pesares de non ter o titulo de prato máis picante que teña tomado.
Esta singular advertencia pertence áo menú do Delhi Palace, un restaurante indio aberto recentemente en Pontevedra.
A curiosidade fixo que procurara algo da historia desta preparación, o Polo Phal, e semella ser unha receita creada en Gran Bretaña para satisfacer aos máis tolos do picante, así que non pasa dunha anécdota culinaria, sen máis historia.
Iso sí, a advertencia é xenial!.
chuzame -





E polo demáis ¿Paga a pena achegarse?
¿Prezo aproximado?
Pois sí, mirando en Internet vese que o Phaal este aparte de moi picante, é coma dis, un invento inglés.
A nos tamén nos pasou unha aventura parecida cando fomos a comer ó Swagat, e a un compañeiro meu indio, lle dixeron que tivese coidado, que o chicken phall era unlimited spicy.
Aparte de divertirnos un pouco de que un indio advertira a outro indio de que algo podía ser moi picante, o caso foi que descubrimos, que canda menos, o phall do Swagat non era tan picante para o meu amigo (eu tamén probei un pouco, e era máis suave ca un Vindaloo que tomara en outro lado).
Pero rematei indo á súa casa a tomar un simple curry de polo, a xeito caseiro, e ese curry si que abrasaba (e en este caso era puro estilo caseiro indio). Así que a historia do invento inglés, pois será verdad para os Ingleses, pero coido que moitos indios fan comida na casa do mesmo calibre ou máis.
GdP: Tiven dúas experiencias neste restaurante. A primeira aínda non levaba aberto unha semana, estabamos case sos, uns 5 ou 6 amigos (con isto xa sabes como acabamos), e pedindo moitos pratos distintos pero sen levar conta deles, un pouco por instinto e gustoume moito. Case tes que falar en inglés cos camareiros porque non dominan moito o castelán… penso que foron menos de 30 € regado abondosamente (casi diría en exceso).
A segunda vez con moraiminha un sábado ás 12 da noite co local a reventar non me chistou tanto, nin as condicións eran as mesmas nin o noso ánimo.
Teño gañas de voltar con moita xente outra vez para tentar unha sorte de tapeo con moitos pratos distintos… se vos apuntades avisade…
XM: O teu comentario enriqueceu seriamente a miña entrada. Moitas gracias ;-). A entrada da que saquei a información amosa unha indicación clara:
It is usually not consumed by those looking for a gourmet experience.
Algo que non podo comprender e esa carreira por tomar o máis abrasivo, competición na que semella entrar esta receita. Preparando unha entrada (inconclusa) sobre o chile habanero, atopei esta graduación do picante: as unidades SHU. Deixoume abraiado o uso comercial desas medicións…
Para rematar xa, o día que pedimos esta preparación, o camareiro dicíanos que non lle parecía unha boa idea, e tras a nosa insistencia dixo que ía pedir que non fora tan forte (softer foi a súa palabra). Tal vez nunha nova visita o resultado non sexa o mesmo, é unha cousa tan subxectiva…
Pois sí, outra escala máis a unir á de Ritcher e a Belfour… A de Scotville.
As miñas andanzas na Escala de Scoville veñen sendo:
+ 2500 - 5000 - Salsa Tabasco normal - Sen problemas
+ 2500 - 8000 - Jalapeños frescos - Interesante
+ 7000 - 8000 - Salsa Habanero - Jodidilla
+ 50000 - 100000 - Chiles Tailandeses - Hai que ter ganas
+ 100000 - 350000 - Chile Habanero - Non o teño 100% seguro pero coido lembrar que lle metín unha vez un dente a un Habanero a ver que pasaba. E debeu de ser tan bestia que afectoume á memoria.
A miña experiencia cos restaurantes Indios (que é bastante limitada) dime que todo depende moito do cociñeiro e da mala gana que teña. Porque no meu caso un Phaal puro (sen suavizar) non me pareceu tan picante coma un Vindaloo en outro restaurante. Así que a saber.
Por certo, que en canto a picantes, eu tiro máis pola comida Thailandesa ou Mexicana, teñen un sabor máis fresco, máis punxente. A comida India se me de sabor moi pesado (aparte do picante).
Temos salsa de habanero en casa da nosa última viaxe a México e tamén o habanero seco e a semente. Cociñado fresco só o probou moraiminha… e ao final vou ter que rematar esa entrada que comentaba ;-)…
Concordo contigo no da comida mexicana, pero os cariles teñen o seu aquel… como non teño experiencia máis que noutro Taandori en Madeira (unha experiencia kafkiana cando menos), non me atrevo a dar unha opinión con fundamento, pero dado o interés suscitado podemos montar a vindeira xantanza alí ;-)…. ou ven unha prexantanza exótica…
Pois penso que non será de inmediato (hai algún outro plan xa previsto), pero si coincide baixar a probalo claro que avisareis. Onde este unha mesa con BLogastrónomos arredor que se quiten as outras!
En Vigo hai un mexicano bastante pasable (o Chilam Balam).
¿Non lle dechedes a ningún Caril cando estivechedes en Londres?
Sempre me pareceu unha das opcións máis apropiadas do país: Cociña India e Paki en Londres, Cociña Vientamita en París, Tailandesa en Alemania (non me preguntedes porque pero hai moita afición a esta comida alá)….
Agardo novas entón, Gourmet.
En Pontevedra din que está o mellor mexicano de Galicia. Chámase: Rincón Mexicano. A miña opinión ao respecto é que é moi caro para para as materias primas que se empregan. Sigo indo de cando en cando… un xa está canso de angulas e percebes ;-).
E en Londres máis ben lle ataquei ao Doner Kebab… pero xa choveu dende a última vez que fun…
Xmanoel: se quedaches sen memoria, de seguro que o que comeches foi o chile habanero. A min gústame o picante, pero na miña vida probara nada igual… e iso, que so lle dei un pequeno bocado, por se acaso… Non quero nin pensar que tería pasado se chego a meter o pemento enteiro na boca, pois xa así sentín como se me paralizaba a lingua. Para non repetir, vaia.
Se formades un grupo para ir a probalo, avisade, que lle teño moitas ganas, xa que son un namorado da cociña hindú… eso sí, estes sitios, canto mási grandes as mesas mellor; a comida é moito máis agradable se se proban moitas cousas diversas…
Unha aperta…