Mar 23 2008
XXII Feira da D.O.P. Cebreiro
Ultimamente estou preocupado. Son unha persoa caseira e arrincarme do meu fogar é unha tarefa ben complexa. Gustame viaxar, iso é certo, mais cando isto implica un desprazamento longo: coller un avión, un tren, pasar varios días fora da casa... o resto de pequenas fuxidas dun día non son algo que me chame. Ou quizais debía dicir chamara, porque os pouco menos de cincocentos quilométros que papei antonte, para ir a Pedrafita do Cebreiro non teñen moita explicación.

A desculpa foi a celebración da XXII Feira da D.O.P. Cebreiro, e como non tiñamos moitos plans para esta semana santa optamos por ir ver que se cociñaba nesta minúscula D.O. A D.O.P. Queixo do Cebreiro debe ser a asociación deste tipo máis pequena posíbel. Só dous produtores están acollidos nela; Quexerías Castelo de Brañas, S.L., que comercializa baixo a marca Castelo, sita na propia Pedrafita do Cebreiro, e que probablemente sexa a que todos coñezades por estar bastante ben distribuida (eu teñoa mercado en grandes superficies sen problema), e Carmen Arrojo Valcarcel, localizada en Nullán, no veciño concello de As Nogais que comercializa o Xan Busto, que como curiosidade, comentarei que ás 13:45 h cando fun mercar un queixo xa remataran as existencias.
A conxunción da feira mensual coa de enxalzamento do queixo converteu a vila nun fervedoiro de xentes e vehiculos, que aínda sendo a primeira ocasión na que me paseaba por esta feira, levei a impresión de que as expectativas de asistencia foran ultrapasadas. Había un coche metido en canto curruncho era posible.
A noso pequeno periplo comezou pola nave na que se degustaban catro receitas do queixo: tarta de queixo ao forno e croquetas (en primeiro plano), e paté de queixo con bonito, e pementos (ao fondo xunto a un par de ringleiras maís da magnífica tarta de queixo. Aquela nave estaba chea de xente, pero aínda había máis que comer. Credeme se digo que todo sabía marabillosamente pero a tarta de queixo botaba por fora.
No paso de rigor pola nave de expositores sorprendeume a presenza de queixos de Friol, San Simón da Costa... e non era de extrañar xa que unha feira non se fai con dous fabricantes e un expositor da D.O., pero sorprendeume non ver aos artesáns que fan as súas produccións de xeito tradicional fora da denominación. A miña sorpresa veu cando lin hoxe que os produtores particulares tiñan o seu espazo no Centro de Artesanía, quee con ese nome non nos chamou a entrar, xa que viñamos a tiro fixo. Xa o dicía a miña nai: o que non sabe e coma o que non ve.
Cando a motilidade intestinal presionou o suficiente, acercámonos a unha das múltiples polbeiras (de Melide para máis señas). Elixida por unha profesional non había nada que temer.
E deixo as adquisicións para mañá... máis de 70 € en queixo teño que xustificalas dalgunha maneira... é unha debilidade ;-).
chuzame -





Eu probei un queixo de Xan Busto hai polo menos 10 anos e gustárame moito. Mágoa que non se atope facilmente. (E a ver ese desglose dos 70 euros…)
Pois sí, parece que é complicado mercalo fora da provincia de Lugo…
O desglose… vai con calma que a volta ao traballo é moi fodida… pero chegará… ;-)
Sou unha namorada do Queixo do Cebreiro.Eu sempre merco Castelo en todas as catas sempre gañou a medalla de ouro con distintos catadores e distintos gobernos penso que mais de dez anos gañando .En todo caso tanto Castelo como Xan Busto que dende que pechou castro acada a medalla de prata e o que se facia antes Castro que sempre gañaba a medalla de prata eran e son moi ricos.
Os que ti chamas queixos particulares ou caseiros eu merquei un e dende enton paso de mercar mais queixos sin etiqueta , dende que soupen que nin teñen vacas as rapazas que os fan paso de mercalos.Entereime que mercan o leite en Triacastela e Sarria de vacas que reciben medicacion e as centrais leiteiras non llelo recollen. A picaresca fai que merquen ese leite libre de cuotas chamado leite negro e cuallando con yogourth da tenda logo os venden no camiño de Santiago .En todo caso podes mercar os queixos de Xan Busto en Nullan chamando o 982161020. Paso de queixos de pai e nai descoñecidos sin etiqueta e non deberían deixalos poñer en ningunha feira.Ahi tedes a vergoña politica do noxento queixo do alcalde de Friol como exemplo do que non debe ser.Un queixo sen denominacion e sen etiquetas que ten mais cartos para promocionarse que calquera denominacion de queixos galegos. Mirade as vallas publicitarias os anuncios de television radio . unha mentira repetida chega a ser verdade co poder do politico de marras.
Gracias pola información, se é certo o que dis a cousa cambia. Non sei se os queixo aos que te refires son coma o que poño a continuación. Sei que a D.O. ofrece unhas garantías pero tampouco penso que podamos meter no mesmo saco a todos os artesáns.
Na miña vindeira visita pola zona penso chamar antes, para ver de visitar ao produtor e xa contarei o que vexa.
Gracias polo teléfono de Xan Busto, a ver se me contan onde teñen un distribuidor por Pontevedra.
[…] é a imaxe da que falaba na primeira entrada de hai uns días sobre a feira do queixo do Cebreiro onde comentei que gastara máis de 70 € en queixo. Lémbrovos que o centro da imaxe levou máis […]
[…] título da entrada, e é que esta foto si que amosa pan de verdade. Pan con maiúsculas. Foi tomada nesa feira que tanto esta a darme para escribir, sendo esta derradeira entrada […]