Mar 25 2008
Queixo do cebreiro… sobran as palabras
Xa sei que tiña que xustificar os 70 € en queixo do venres, pero vou ir pouco a pouco... Comezo coa meirande inversión. Máis do 50% do total foi adicado a adquisición de 4 unidades artesáns, que nos convertiron en Reis Magos por un dÃa, deixando agasallos por onde pasabamos, á espera de que se espalle a febre e a alguén lle dea por ter o mesmo detalle e evite este peregrinar de 500 km para facernos cun deles. A súa limitada vida fai inútil un gran acopio deste lácteo.
Aquà tedes a miña preparación preferida. Con todos vos:
Queixo do cebreiro con noces e mel do pais.

E xa podedes ofrecerme escumas, reduccións, esferificacións, coccións a baixa temperatura e calquera outra técnica de cociña, que non hai NADA que se achegue a esta sinxela preparación que para min e un manxar dos deuses.
A miña boa acción do ano, algo do que seguramente me arrepinta en breve, vai ser a publicación desta imaxe con toda a información precisa para facerse cunha destas xoias. Se queredes saber onde queda FonfrÃa premede aquÃ.

Como dirÃa un amigo que anda na Irlanda: Moito bom, moito bom!
chuzame -






É que esas preparación é dificilmente superable.
E se a elaboramos con mel do Courel e noces da zona e a tomamos de sobremesa, despois du xabarÃn con castañas, por exemplo, nunha noite no val do rÃo Lor (no tristemente desaparecido A Fontiña de Seoane) é xa unha experiencia mÃstica en toda regla.
Asdo.: Outro tolo do queixo de Cebreiro (e tantos outros) con mel ou marmelo.
O importante e sacarlle mérito á miña receita ;-).
Xa me convenciches para a vindeira xantanza… tes o meu voto con ese menú…
Para aÃ, que para mel o do Valadouro. Hai moitos produtores pero so un incluÃdo na denominación especÃfica Mel de Galicia, que se comercializa baixo a marca “O Trobo” e elabora MariFe Sixto Pernas. É o mel máis premiado nas catas do mel de Galicia que organiza a Xunta, e con toda a razón de mundo. ¡Ollo! non confundir con outro mel da mesma marca ou parecida que envasan na zona de Arzúa. Se non é de MariFe Sixto e envasado no Valadouro non é do bo.
Preparación insuperable! Semella que eses euros foron un bo investimento…
ten unha pinta fabulosa…
Desque probei o queixo do Cebreiro artesán que ofrecÃan como almorzo ou sobremesa na Casa Grande da Fervenza en Corgo (Lugo), quedei prendida del. É dunha delicadeza extraordinaria. Son coma vos unha fervente admiradora e voceira das suas bondades, con ou sen mel.