Mar 31 2008
Tranquility. Holywater. Sala Karma
Xa temos a holywater con novo disco, e os catro compoñentes caeron pola Sala Karma Pontevedra este venres, para presentalo xunto co novo baixista, e onde puidemos comprobar que están en plena forma.
Do setlist só lembro six-string throat por ser unha das miñas preferidas, e a nova tranquility que da nome ao album. Tamén que se me fixo moi curto, igual porque os cancións son máis curtas ou esa sensación foi a que levei.

A imaxe é do concerto de Vigo hai unhas semanas, e os créditos son para Cesarinn. Martín Alonso xoga co mar de pedales en primeiro plano, mentres vemos a Luis Casanova se desdebuxa no fondo. Esta escea boteina de menos na Sala Karma...
Se tedes gañas de escoitar o novo single non queda outra que entrar no seu myspace... ou agardar uns días a que salga o CD e mentres sigo a lembrar ese temazo, que vou a trillar no MD... time... goes away... goes away...
chuzame -






Conciertazo e minúsculas despois do da sala breogain !!! indiscotiblemente un dos mellores directos !!! a ver cando teñen a sorte de demostralo nun gran festival e nun gran escenario !!! se lo comen todo !!!
cesarinn
Ei tío, gracias pola foto…