Tranquility. Holywater. Sala Karma

Xa temos a holywater con novo disco, e os catro compoñentes caeron pola Sala Karma Pontevedra este venres, para presentalo xunto co novo baixista, e onde puidemos comprobar que están en plena forma.

Do setlist só lembro six-string throat por ser unha das miñas preferidas, e a nova tranquility que da nome ao album. Tamén que se me fixo moi curto, igual porque os cancións son máis curtas ou esa sensación foi a que levei.

A imaxe é do concerto de Vigo hai unhas semanas, e os créditos son para Cesarinn. Martín Alonso xoga co mar de pedales en primeiro plano, mentres vemos a Luis Casanova se desdebuxa no fondo. Esta escea boteina de menos na Sala Karma…

Se tedes gañas de escoitar o novo single non queda outra que entrar no seu myspace… ou agardar uns días a que salga o CD e mentres sigo a lembrar ese temazo, que vou a trillar no MD… time… goes away… goes away…

Publicado en Concertos,Espectáculos | 2 Comentarios

Queixo do cebreiro… sobran as palabras

Xa sei que tiña que xustificar os 70 € en queixo do venres, pero vou ir pouco a pouco… Comezo coa meirande inversión. Máis do 50% do total foi adicado a adquisición de 4 unidades artesáns, que nos convertiron en Reis Magos por un día, deixando agasallos por onde pasabamos, á espera de que se espalle a febre e a alguén lle dea por ter o mesmo detalle e evite este peregrinar de 500 km para facernos cun deles. A súa limitada vida fai inútil un gran acopio deste lácteo.

Aquí tedes a miña preparación preferida. Con todos vos:

Queixo do cebreiro con noces e mel do pais.


Sobremesa de Queixo do Cebreiro con mel e noces do pa
</p>
                                    </div>
                <span class=Publicado en
Gastronomía,Persoal | 6 Comentarios

XXII Feira da D.O.P. Cebreiro

Ultimamente estou preocupado. Son unha persoa caseira e arrincarme do meu fogar é unha tarefa ben complexa. Gustame viaxar, iso é certo, mais  cando isto implica un desprazamento longo: coller un avión, un tren, pasar varios días fora da casa… o resto de pequenas fuxidas dun día non son algo que me chame. Ou quizais debía dicir chamara, porque os pouco menos de cincocentos quilométros que papei antonte, para ir a Pedrafita do Cebreiro non teñen moita explicación.

Stand do Queixo do Cebreiro
A desculpa foi a celebración da XXII Feira da D.O.P. Cebreiro, e como non tiñamos moitos plans para esta semana santa optamos por ir ver que se cociñaba nesta minúscula D.O. A D.O.P. Queixo do Cebreiro debe ser a asociación deste tipo máis pequena posíbel. Só dous produtores están acollidos nela; Quexerías Castelo de Brañas, S.L., que comercializa baixo a marca Castelo, sita na propia Pedrafita do Cebreiro, e que probablemente sexa a que todos coñezades por estar bastante ben distribuida (eu teñoa mercado en grandes superficies sen problema), e Carmen Arrojo Valcarcel, localizada en Nullán, no veciño concello de As Nogais que comercializa o Xan Busto, que como curiosidade, comentarei que ás 13:45 h cando fun mercar un queixo xa remataran as existencias.

A conxunción da feira mensual coa de enxalzamento do queixo converteu a vila nun fervedoiro de xentes e vehiculos, que aínda sendo a primeira ocasión na que me paseaba por esta feira, levei a impresión de que as expectativas de asistencia foran ultrapasadas. Había un coche metido en canto curruncho  era posible.
Receitas queixo do cebreiro, paté, tarta e croquetas

A noso pequeno periplo comezou pola nave na que se degustaban catro receitas do queixo: tarta de queixo ao forno e croquetas (en primeiro plano), e paté de queixo con bonito, e pementos (ao fondo xunto a un par de ringleiras maís da magnífica tarta de queixo. Aquela nave estaba chea de xente, pero aínda había máis que comer. Credeme se digo que todo sabía marabillosamente pero a tarta de queixo botaba por fora.

No paso de rigor pola nave de expositores sorprendeume a presenza de queixos de Friol, San Simón da Costa… e non era de extrañar xa que unha feira non se fai con dous fabricantes e un expositor da D.O., pero sorprendeume non ver aos artesáns que fan as súas produccións de xeito tradicional fora da denominación. A miña sorpresa veu cando lin hoxe que os produtores particulares tiñan o seu espazo no Centro de Artesanía, quee con ese nome non nos chamou a entrar, xa que viñamos a tiro fixo. Xa o dicía a miña nai: o que non sabe e coma o que non ve.

Cando a motilidade intestinal presionou o suficiente, acercámonos a unha das múltiples polbeiras (de Melide para máis señas). Elixida por unha profesional non había nada que temer.

E deixo as adquisicións para mañá… máis de 70 € en queixo teño que xustificalas dalgunha maneira… é unha debilidade ;-).

Publicado en Actualidade,Eventos,Gastronomía | 7 Comentarios

Usted ha sido advertido

Qué pensarías se leras isto nunha carta?


Non sei ti, pero o primeiro que asaltou a miña cabeciña foi que había que probalo. Afortunadamente eramos seis comensais e tocou a uns cachiño de polo para cada un, porque era realmente bravo, a pesares de non ter o titulo de prato máis picante que teña tomado.

Esta singular advertencia pertence áo menú do Delhi Palace, un restaurante indio aberto recentemente en Pontevedra.

A curiosidade fixo que procurara algo da historia desta preparación, o Polo Phal, e semella ser unha receita creada en Gran Bretaña para satisfacer aos máis tolos do picante, así que non pasa dunha anécdota culinaria, sen máis historia.

Iso sí,  a advertencia  é xenial!.

Publicado en Batallas,Gastronomía,Intres,Persoal | 10 Comentarios

Beijing e a contaminación

Vai facer dous anos que fixen esta viaxe, e non a vou dar escrito na vida, pero así de cando en cando, pode que me dea por comentar algo dela. Hoxe acordeime das primeiras impresións que tiven ao chegar a Beijing…Vista dende o Sheraton Great Wall Hotel en Beijing - China
Esta foi a primeira imaxe que tirei ao chegar a China. Unha vista dende o Sheraton Great Wall Hotel. Non é unha grande foto, pero sirva para ilustrar a visibilidade nun día normal.

Segundo nos contou Yu (o noso guía) esta situación era habitual, dado que chegaba area en suspensión orixinada por tormentas de zonas desérticas. Isto unido a unhas baixas precipitacións que axudaran a limpar o aire, que o inmenso parque de bicicletas, está a ser trocado por vehículos a motor vertixinosamente, e que o crecemento económico, do que se fala dende hai anos, ten que vir da man dunha industrialización moi acusada, so poden ter como resultado un ambiente pouco respirable.

A vindeira foto é a máis reveladora. É unha mata dunha beirarrúa perto do hotel. Estabamos no mes de abril e coma unha milagre, agromaban as folliñas na recén chegada estación, mais se as comparamos coas súas vellas compañeiras, constatamos toda a veracidade de toda a información aportada. Pensemos que todo o que está incrustado nesas follas estivo antes no aire…

Todo este conto ven a que se acercan os Xogos Olímpicos e onte lin en El País que o corredor de maratón etíope Haile Gebrselassie, non competirá nas olimpiadas por causa da contaminación, e como podedes imaxinar non me estrañou nadiña…

Publicado en Actualidade,China,Persoal,Viaxes | Comentarios cerrados