Hai unhas semanas coincidín cun capítulo de Top Chef en Canal Cocina, esa canle televisiva que, coincido con GdP, perdeu o norte fai uns meses. E aproveito que falo dela para referirme á nula atención prestada ao Forum Gastronómico de Santiago nesta canle, fronte a Madrid Fusión. Non vou escribir unha entrada so para iso... mais quero que quede constancia. Canal Cocina ... -1 point.

Voltando ao fío, xa que ultimamente non me atrae o apartado culinario á canle, cando menos sácolle algún rendemento con este reality gastronómico chamado Top Chef. Como é doado imaxinar trátase dun grupo de cociñeiros (variable en función da tempada), que son confinados nunha vivenda, e só os sacan para mercar as cousas que cociñarán a continuación. Visto así pode ser pouco atractivo, pero créde que si o é. De entrada, sorprende ver a americanos alimentándose doutra cousa que non sexa comida lixo. Xa sei que é un estereotipo, pero non o creei eu, senon eles...
Recoméndovos que busquedes un horario de emisión que vos veña ben. Mais non vos enganchedes!, porque non hai xeito de seguilo coherentemente. Non acabo de comprender a orde dos programas, dado que hai varias tempadas en curso e siguen un horario moi particular. De feito vin case todos os da primeira tempada (e non direi o gañador, porque seguro que o repiten e é entretido velo de novo), e varios programas da segunda e terceira, sin saber cal é cal.
Ten todos os ingredentes dun reality; mais os resumes son moi dinámicos, cun formato case de videoclip. O fondo musical acompaña perfectamente e so con escoitar esa guitarra muteada me poño en tensión no meu sofá.
Comprimen dúas probas (unha de inmunidade e outra eliminatoria), máis a estancia semanal dos chefs concursantes (illados do mundo), en 50 minutos máis ou menos. Fanlles cociñar de todo e nos máis diversos entornos. Lembro un día que tiñan de público a rapaces. Menudo xurado!, había algún concorrente que se subía polas paredes porque aqueles cativos puideran decidir sobre a súa cociña. Ó eliminado do día dinlle algo así, como recolle os teus coitelos e vaite.
Gústame que estén todo o día bebendo (viño fundamentalmente, que algún ate semella que non pode cociñar sen unha copa na man), que parece que é do pouco que poden facer no tempo que lles deixan libre. Seica non teñen acceso á prensa, tv, internet... Coma en calquera concurso deste tipo elexiron á xente a conciencia, cada un coa súa lideira, que si unha vexetariana, que si un estarricado que se cree por riba dos demáis, chefs de comida rápida?! (isto non o entendo moi ben). Na mistura está o segredo do éxito...
Quen me dera que alguén se animara a facer algo así por aquí, para esquecer aquela desfeita que foi Esta cocina es un infierno!
E segundo acabo de ver,vai comezar a 4ª Tempada.
chuzame -