Abr 21 2008

Bramboracka

Published by moraiminha at 9:35 am under Gastronomía, Receitas

Na nosa viaxe á República Checa mercamos un par de libros de cociña. De un deles, Cociña tradicional checa, publicado pola Asociación Checa de Chefs, foi do que saquei esta receita da tradicional Sopa de pataca que aínda que se parece á da foto do libro en cuestión, non sei se logrou o sabor desexado. Unha, porque non me recordou moito a ningunha das sopas de patacas que alí probamos; e dúas ( e igual máis importante) porque son case incapaz de facer un prato seguindo ó pé da letra a receita.

Bramboracka. Sopa de pataca checa

Ingredientes (os do libro)

  • 20 g de manteiga
  • 30 g de fariña branca
  • 1 l de caldo básico de osos brancos
  • 150 g de vexetais (cenoura, apio, pirixel, col rizada, allo porro, etc.)
  • 150 g de cogomelos frescos ou 20 g se son secos,
  • 50 g de cebola
  • 50 g de touciño
  • 400 g de patacas comino
  • allo, pementa moída, mellorana e sal.

Preparación (tal como eu a fixen)

  1. Por unha parte, poñer a cocer as patacas con auga , comino e sal. Como non dicía nada na receita, eu peleinas e boteinas enteiras para picalas unha vez cocidas.
  2. Nunha tixola refretir en touciño (bacon afumado, foi o que utilicei) a cebola picada en anaquiños pequenos.
  3. Por outra banda, preparar unha mezcla coa manteiga (como o libro non dicía nada, eu boteilla de porco, que é a que tiña na casa) e a fariña (que tampouco era branca, senón unha fariña integral asturiana) e fretir ata "que se poña rosada", dicía a receita... Pero como o concepto de "fariña rosada" non está na miña cociña, mezcleina ben como se fose para unha bechamel. Engadir o caldo (que como non tiña feito e non me gusta o de bote, sustituín po auga) e mezclar ben ate que comence a ferver. Engadir os vexetais (cenoura, allo porro e apio) cortados en cubiños, as setas secas(nesta ocasión, boletus que lle deron, penso un sabor moi especial á sopa) e un par de dentes de allo machacados.
  4. Pasados uns vinte minutos, engádese o refrito de cebola e as patacas picadas en cubiños pequenos xunto coa auga de cocelas, pementa moída e mejorana ó gusto. Rectificar o sal, e cocer uns dez minutiños máis para que se mezclen ben todos os ingredientes antes de servir.
Chuzame! chuzame -

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume