Abr 23 2008
Unha nova fonte de neoloxísmos: A DGT
Recentemente cambiamos de coche, e hoxe vou vender o meu antigo Corsa, que tantas historias podería contar se falara... A transmisión de vehículos perante a D.G.T. é un dos pasos a seguir para facer efectivo o cambio de titularidade. O impreso do organismo dependente do Ministerio de Interior ofrece un impreso bilingüe.... ou trilingüe, porque non sei se enfocalo coma neoloxismo, ou coma un xeito de que cultivemos unha nova língua (que non cheguei a identificala), porque xa temos suficientemente coidada a nosa.
Que xulgue cada quen:
É a máis salientable, mais non a única desagradable sorpresa...
chuzame -







Trilingüe, por que iso é mal catalán. Di: verificadas os datos. Correcto sería: verificats les dades.
Pero polo que se ve non é o único erro, porque catro liñas máis abaixo di “Os datos contados” no canto de “Os datos contidos”.
… y te podía ser peor si te houbera una versión en castrapo.
Te podía ser mas peor ;-).
Unha xoia de impreso…