III Festa do Xabarín. Cerdedo

Onte fomos dar unha volta deica Cerdedo, para airearnos e probar de paso un pouco xabarín. Tras dar un paseo pola exposición e mercar pan (sempre o pan), fomos deica o Mesón Carola, a probar os tres pratos diferentes de xabarín que prepararon co gallo da festa. Tanto este como todos os demais locais estaban ate arriba de xente; pero grazas á influenza de Chus, irmán do dono, non tivemos problema en disfrutar dunha mesiña na pequena terraza, lonxe da formula 1 do fume do tabaco.

Como dicía, foron tres as preparacións que probamos; e tivemos a sorte de que nos foran servidas de menos a máis:

Xamón de Xabarín asado… que quizáis por ser moi magro estaba demasiado seco, aínda que xa estaba moi presente o sabor do porco bravo.

Xabarín estufado, a máis elaborada posibelmente, e que nos recomendaban se só fósemos elixir un dos pratos.

Costeleta de Xabarín, que estaba incríbel.

Finalmente, puidemos probar a famosa vincha, que aínda sin estar na presentación tradicional parcheou a miña débeda con esta sobremesa.

En canto ó prezo, dicir que a atención de Chus (compañeira dun curso que está a facer moraiminha) non se limitou a buscarnos un bo sitio para xantar, senón que tamén nos fixo algo de prezo na conta. Os tres pratos de xabarín, dúas racións de vincha, dúas cervexas, unha botella de auga de litro, e un par de viños e un Vermú branco non chegaron ós 34 euros. Grazas Chus!

O Mesón Carola é un mesón de pobo, onde todos, clientes e non clientes, semellan coñecerse e ter xa unha certa confianza; e para nós, foi unha moi boa oportunidade para degustar o xabarín, que tanto nos gusta, e que moi poucas veces se nos pon a tiro… gastronomicamente falando, quero decir, que pola caza aínda non nos deu.

Publicado en Eventos,Gastronomía | Comentarios cerrados

Comentarios cerrados.

Lo sentimos, pero los comentarios están cerrados para esta entrada.