III Festa do Xabarín. Cerdedo

Onte fomos dar unha volta deica Cerdedo, para airearnos e probar de paso un pouco xabarín. Tras dar un paseo pola exposición e mercar pan (sempre o pan), fomos deica o Mesón Carola, a probar os tres pratos diferentes de xabarín que prepararon co gallo da festa. Tanto este como todos os demais locais estaban ate arriba de xente; pero grazas á influenza de Chus, irmán do dono, non tivemos problema en disfrutar dunha mesiña na pequena terraza, lonxe da formula 1 do fume do tabaco.

Como dicía, foron tres as preparacións que probamos; e tivemos a sorte de que nos foran servidas de menos a máis:

Xamón de Xabarín asado… que quizáis por ser moi magro estaba demasiado seco, aínda que xa estaba moi presente o sabor do porco bravo.

Xabarín estufado, a máis elaborada posibelmente, e que nos recomendaban se só fósemos elixir un dos pratos.

Costeleta de Xabarín, que estaba incríbel.

Finalmente, puidemos probar a famosa vincha, que aínda sin estar na presentación tradicional parcheou a miña débeda con esta sobremesa.

En canto ó prezo, dicir que a atención de Chus (compañeira dun curso que está a facer moraiminha) non se limitou a buscarnos un bo sitio para xantar, senón que tamén nos fixo algo de prezo na conta. Os tres pratos de xabarín, dúas racións de vincha, dúas cervexas, unha botella de auga de litro, e un par de viños e un Vermú branco non chegaron ós 34 euros. Grazas Chus!

O Mesón Carola é un mesón de pobo, onde todos, clientes e non clientes, semellan coñecerse e ter xa unha certa confianza; e para nós, foi unha moi boa oportunidade para degustar o xabarín, que tanto nos gusta, e que moi poucas veces se nos pon a tiro… gastronomicamente falando, quero decir, que pola caza aínda non nos deu.

Publicado en Eventos,Gastronomía | Comentarios cerrados

Unha nova fonte de neoloxísmos: A DGT

Solicitude de transmisión de veh�culosRecentemente cambiamos de coche, e hoxe vou vender o meu antigo Corsa, que tantas historias podería contar se falara… A transmisión de vehículos perante a D.G.T. é un dos pasos a seguir para facer efectivo o cambio de titularidade. O impreso do organismo dependente do Ministerio de Interior ofrece un impreso bilingüe…. ou trilingüe, porque non sei se enfocalo coma neoloxismo, ou coma un xeito de que cultivemos unha nova língua (que non cheguei a identificala), porque xa temos suficientemente coidada a nosa.

Que xulgue cada quen:

Verificades les dades

É a máis salientable, mais non a única desagradable sorpresa…

Publicado en Batallas,Persoal | 2 Comentarios

Bramboracka

Na nosa viaxe á República Checa mercamos un par de libros de cociña. De un deles, Cociña tradicional checa, publicado pola Asociación Checa de Chefs, foi do que saquei esta receita da tradicional Sopa de pataca que aínda que se parece á da foto do libro en cuestión, non sei se logrou o sabor desexado. Unha, porque non me recordou moito a ningunha das sopas de patacas que alí probamos; e dúas ( e igual máis importante) porque son case incapaz de facer un prato seguindo ó pé da letra a receita.

Bramboracka. Sopa de pataca checa

Ingredientes (os do libro)

  • 20 g de manteiga
  • 30 g de fariña branca
  • 1 l de caldo básico de osos brancos
  • 150 g de vexetais (cenoura, apio, pirixel, col rizada, allo porro, etc.)
  • 150 g de cogomelos frescos ou 20 g se son secos,
  • 50 g de cebola
  • 50 g de touciño
  • 400 g de patacas comino
  • allo, pementa moída, mellorana e sal.

Preparación (tal como eu a fixen)

  1. Por unha parte, poñer a cocer as patacas con auga , comino e sal. Como non dicía nada na receita, eu peleinas e boteinas enteiras para picalas unha vez cocidas.
  2. Nunha tixola refretir en touciño (bacon afumado, foi o que utilicei) a cebola picada en anaquiños pequenos.
  3. Por outra banda, preparar unha mezcla coa manteiga (como o libro non dicía nada, eu boteilla de porco, que é a que tiña na casa) e a fariña (que tampouco era branca, senón unha fariña integral asturiana) e fretir ata “que se poña rosada”, dicía a receita… Pero como o concepto de “fariña rosada” non está na miña cociña, mezcleina ben como se fose para unha bechamel. Engadir o caldo (que como non tiña feito e non me gusta o de bote, sustituín po auga) e mezclar ben ate que comence a ferver. Engadir os vexetais (cenoura, allo porro e apio) cortados en cubiños, as setas secas(nesta ocasión, boletus que lle deron, penso un sabor moi especial á sopa) e un par de dentes de allo machacados.
  4. Pasados uns vinte minutos, engádese o refrito de cebola e as patacas picadas en cubiños pequenos xunto coa auga de cocelas, pementa moída e mejorana ó gusto. Rectificar o sal, e cocer uns dez minutiños máis para que se mezclen ben todos os ingredientes antes de servir.
Publicado en Gastronomía,Receitas | Comentarios cerrados

O Código Cociña da que falar

Hai uns días Manuel Gago foi entrevistado por Cristina Lobao en O tren do serán da Radio Galega, para falar do Código Cociña. Non foi o primeiro. Unha serie de medios xa se interesaron por esta iniciativa autorregulatoria que semella estar resultando bastante existosa, a xulgar polas adhesións que está a rexistrar.

Código Cociña

Outros BGG xa se fixeron eco disto no seu tempo. Eu pola contra decidín capturar ese anaco de tempo para partillalo, ao tempo que preparaba unha pequena guía de como facelo. Outra desas ideas que teño, que finalmente quedan en nada.

Pasado o seu tempo, perdeu a frescura do que está a correr, pero colleu o peso de terse convertido nun cachiño de historia do Código Cociña.

Aquí o tes, se non o escoitaches daquela…

Publicado en Actualidade,Gastronomía | Comentarios cerrados

PAN

-Papa, Pan!.

-Morto!

Este era un dos diálogos habituáis, que lembro cun sorriso á hora do xantar. Era máis novo. Moito máis.

Veume esta lembranza infantil, ao escribir o título da entrada, e é que esta foto si que amosa pan de verdade. Pan con maiúsculas. Foi tomada nesa feira que tanto esta a darme para escribir, sendo esta derradeira entrada relacionada.

Por non apuntar o nome agora non o lembro (Panadería Irene?), mais si recordo que era un panadeiro de Palas de Rei (Lugo), que moi amablemente cando moraiminha lle preguntou se lle importaba que fixera unha foto do seu posto, dispúxose a colocalo do xeito máis lucido posible.

Non hai máis que ver a imaxe…


Un bolo ou barra que, coma estes, podes comer durante unha semana, é ciencia ficción para quen está afeito a mercalo quentiño á hora do xantar, e que non se trague á cea.

Por iso non o deturpo chamandoo pan, senon polo seu nome: PAN.

Publicado en Actualidade,Gastronomía,Intres | Comentarios cerrados