abr 11 2008
70 € de queixo…
Estes días ando no aire. Visitas, traballo, un cambio de coche... non teño tempo para nada. A ver se remato algún dos rascuños que teño a medias.
Esta é a imaxe da que falaba na primeira entrada de hai uns días sobre a feira do queixo do Cebreiro onde comentei que gastara máis de 70 € en queixo. Lémbrovos que o centro da imaxe levou máis da metade dos cartos. Á esquerda temos un queixo curado de leite de vaca de Queixos Pacita (Friol, Lugo), productora esta que tamén fan un producto con queixo de ovella, mais tiñamos cuberto ese flanco con O Rexo producido por COVIGA, cooperativa alaricana, da que xa oira falar, e da que por fin vou poder probar os seu productos.

Da sorprendentemente ampla representación do San Simón da Costa, escollín, un pouco ao chou a verdade, o de Queixería Valado, e para finalizar de alén das nosas fronteira, pero non moito( Ambasmestas para ser exactos) Veigadarte especializados en queixos frescos de cabra, de coidada presentación en ampla variedade. Se non lembro mal escollemolos de allo e pirixel, e guindilla verde.
Para os prezos xa pasaron moitos días, pero penso que os rulos eran a 4 € e o resto ían no rango de 7 a 9 €.
chuzame -
Da Marlanga mellor non dicimos nada. Cesarinn non parou de repetir a súa teima toda a noite do pasado sábado, e por suposto non falamos dela...





