Mai 07 2008
Clientes VoIP sen soltar un peso
Agora que o releo... que vello queda iso de ... sen soltar un peso. ;-)
Xa levo un tempo sen escribir algo productivo así que hoxe vai ser o día...
Levo un tempo traballando cunha IPBrick. Basicamente trátase dunha appliance que corre unha debian, e que pode proporcionar varios servizos, dos cales actualmente uso; a PBX virtual fornecida por Asterisk; o gateway de fax con servizo fax2mail e mail2fax por Hylafax; e o servizo de VPN a cargo de OpenVPN.
Para os servizos telefónicos que oferta Asterisk, utilizamos teléfonos IP físicos, mais hai a posibilidade de aproveitar os equipos informáticos por medios de softphones, que non son máis que aplicacións que convirten os ordenadores en terminales telefónicos. Os que esteades familiarizados con skype saberedes de que falo.
A finalidade desta entrada e comentar as aplicacións gratuitas (sen entrar en si é freeware, open source, etc.) que atopei para IPBrick (Asterisk). Común a todas elas é a utilización do protocolo SIP.
Tentarei salientar algúns puntos, e indicar as carencias, que sempre serán subxectivos, e primeiras impresións porque aínda non os usei moito tempo, ca esperanza de que sirvan de guía para alguén.
Imos aló:
Ekiga
Comezo por este por un motivo completamente subxectivo: está en galego!. Coñecido coma GnomeMeeting, é un port da aplicación para o escritorio Gnome GNU/Linux, a Windows. A versión actual é beta, vai pola 2.0.11.
Pros:
- Está en galego (tamén en castelán)
- Soporta múltiples contas
- Soporta H.323 co que tamén e compatible con Netmeeting.
- Video e Chat entre clientes.
- Sinxela interface.
Contras:
- Só permite unha liña.
- Quizáis demasiado sinxelo para un usuario avanzado.
Non podo deixar de poñer unha captura...

Ligazón á descarga da versión windows
X-Lite
Este é o que che recomendan e instalar dende IPBrick. Trátase dunha versión gratuita que oferta CounterPath, con limitacións sobre os seus productos de pagamento: eyeBeam e Bria.
Pros:
- Boa Interface
- Permite gravación de conversas
- Utilización de dúas liñas
Contra:
- Só en inglés
- Só soporta unha conta
- Algunha publicidade dos productos de pago (pouco molesta)
Descarga (solicita un e-mail) .
Express Talk
Probada a versión Express Talk Basic 3.08 desta aplicación de nch software que tamén teñen unha versión de pagamento, e tamén para PocketPC (mágoa dalgún dispositivo para probalo).
Pros:
- Permite gravación de conversas
- Ata seis liñas
Contra:
- Só en inglés
- Só soporta unha conta
- Instala o nch toolbox (que non sei para que serve) e un feixe de iconas para descarga dos seus productos, o cal semella abusivo.
3CX
O cliente 3CX VoIP forma parte do 3CX Phone System, un conxunto de servidor e cliente de PBX Virtual para windows que se pode atopar dende unha versión gratuita con soporte para 8 liñas. Non teño pensado probar de momento o servidor polo que me centrarei no softphone.
Pros:
- Apariencias (skins) intercambiables
- Versión en castelán
- Soporta varias contas
- Ata 3 liñas
Contra:
- Non permite cambiar o ID de usuario (Sempre aparece 3CXPhone).
E ao final qué?
Terei que poñerllo a probar ás miñas ratas de laboratorio pero penso que vou atacar ás opcións primeira EKIGA e última 3CX, porque teñen o que precisamos, unha ferramenta simple, e que poidan entender.
Eu seguramente seguirei experimentando co que atope, porque opcións coma o voicemail son interesantes, a transferencia de chamadas, etc. poden facer que algún día desparezan os termináis telefónicos físicos de enriba dos nosos escritorios...
chuzame -





Interesante campo o da VoIP e o Asterisk. Ogallá se anime a escribir un titorial de instalación para xente que coma min non temo moita idea de administración de redes.
Amigo! Quen me dera ter os coñecementos para iso…
Me gustaría que cualquier pregunta que tenga sobre IPBrick la envíe al email soporte@ipbrick.es. Estaremos entcantados de contestarle.
Nuestras oficinas están en la Plaza Miralles S/N, Universidade de Vigo.
Atentamente,
Luis Fernández.