Mai 19 2008
A Gabeira… ou a ausencia de bombóns de pataca
Dende o Fórum Gastronómico do pasado febreiro, tiña moitas ganas de aproveitar unha visita a Ferrol para xantar en A Gabeira, pois no Circo do Grupo Nove que alí representaron, Miguel Ángel Campos presentou uns bombóns de pataca que me teñen do máis intrigada dende entón.
Así que cando fai uns días, estivemos en Ferrol e fomos ao restaurante de Miguel Ángel, esperei ansiosa a chegada das sobremesas para pedir, sen pensar en nada máis, os bombóns en cuestión. Cal non foi a miña decepción cando o camareiro (con certa carta de susto) dixo que non, que non había tal cousa na carta, e que igual xa os retiraran... ou estaban pensando en introducilos na carta. Cando voltou co que acabamos pedindo preguntou, todo intrigado, se os bombóns os tomara alí noutra ocasión, así que lle contei como os coñecera... e que fora ate alí case só para probalos.

Aínda que o xantar estivo realmente ben e probamos unhas boas sobremesas, como esta finísima caña de azucre caramelizado da imaxe, non puiden evitar saír dalí un tanto decepcionada, pois xa me creara moitas expectativas... Pero igual foi culpa miña, esquecendo que foi nun circo onde o cociñeiro amosou os seus bombóns, e xa se sabe... o circo é ilusión!.
De calquera xeito, espero que, finalmente, Miguel Ángel decida incluir por fin os bombóns na carta, e que alguén me avise cando iso pase para ir probalos.
chuzame -





[…] A Gabeira… ou a ausencia de bombóns de pataca […]
Pues ya se quien fue la chica que los pidió hace unos días. Me lo dijo el camarero, cuando yo también los pedí, solo que se ve que luego se informó ya que me contó que eran un entrante que va en el menú degustación. Menú que solo sirven si lo pides por encargo y hay que ir a tomarlo antes de las tres de la tarde.Algo que no comprendo, si que no haya menú degustación, cada cual es libre de hacer lo que quiera, pero deberían avisarlo, máxime cuando forma parte de Nove un grupo que se caracteriza por tenerlo. Ya nos pasó en A Rexidora y en ambos casos hicimos carretera expresamente. Por lo demás, me encantó. Y mucho
Vexo que fixeron os deberes e xa aprenderon o que tiñan que dicir… ;-)
Mágoa non ter esa información antes…
Sorpréndeme relativamente que os sirvan como entrantes, pois no Fórum presentounos nunha caixa de bombóns tradicional, por iso pensei que sería unha sobremesa. Pero agora que lembro o bombón recheo de foie de A Estación de Cambre, xa o vexo doutro xeito.