Pepe Solla en El Pais

maio 21st, 2008 | by makeijan |

Esta maña recibín un correo de Belén que me avisaba desta nova. Non era tal, posto que dende que anunciaron a colección, moraiminha decidiu que lle iamos levar o libro a Pepe Solla para que no lo asinara.
Pepe Solla en El Pais
Hoxe saiu o primeiro libro e o vindeiro martes a súa parella, baixo a colección cocina con firma, acompañando ao xornal El Pais. Na primeira pasada agradoume ver a sinxeleza das receitas (sirva de mostra a primeira: Berberechos ao natural, que son os que nos puxo de aperitivo na segunda xantanza.), en contraposición a outras da mesma serie, con ingredentes extraterrestres, e preparación excesivamente complexas.

Hai que ser obxectivo, e tamén direi algo que non me agradou tanto. Usando xoubas, grelos e feira... porque Fabes con Almejas?. Recomendo a lectura deste artigo de D. Miguel en Colineta que se explica mellor ca min.

Agora revisareino con calma, e agardarei á semana que ven para facer a parella e cando cadre ir visitalo, para que nolos asine... e de paso cuidarnos un pouco.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

5 Respostas to “Pepe Solla en El Pais”

  1. Por Fada Branca o mai 21, 2008

    Nominada na Resaca das Letras 08 e eu sen sabelo ata o ultimo momento, son cousas que pasan.
    Mira no meu blogue que che conto

  2. Por Pepe Solla o mai 30, 2008

    Non teño por habitual respostar ou escribir nos blogs, pero creo que debo escribir pra recoñecer o erro, non podo confirmar se foi un erro da miña receita orixinal ou da traducción, pero o caso e que esta no meu libro, e polo tanto e cousa miña, pido disculpas e tratarei de que se chamen “fabas” no futuro.

  3. Por makeijan o xun 2, 2008

    Moitas gracias pola resposta. Tentarei que mo corrixas a man na miña vindeira visita. ;-)

  1. 2 Trackback(s)

  2. xun 8, 2008: Another Cow In The Corn » Máis fusións: Animoto e a comida
  3. out 1, 2008: Another Cow In The Corn » Pepe Solla da o salto á televisión

Publica un comentario