Aproveitados…

Lamentabelmente, non todos os blogueiros son trigo limpo… Hoxe mesmo escoitei de primeira man unha desas historias que xa teño lido, e ás que me resultaba difícil dar creto; non por desconfianza nas fontes, senon por pudor.

Nun restaurante onde xantamos este mediodía, preguntáronnos polo noso anómalo comportamento ao ver que faciamos fotos dos pratos. Cando lle falamos ao propietario da nosa afección, non nos puxo moi boa cara e seguidamente escoitamos abraiados a súa primeira experiencia cun suposto compañeiro impresentábel.

Seica non hai moito, alguén se presentou nese local, e nada máis entrar se dirixiu ao noso anfitrión cunhas verbas do estilo: A ver como nos trata, que teño un blog algo, e se falo mal do seu restaurante, non vai vir ninguén de Galicia“. A resposta do hostaleiro foi aproximadamente: Eu tento tratar ben a todo o mundo que entra por esa porta. As amenazas parece que seguiron ata que se fartou de aturar ao noso misterioso aproveitado cunha frase do estilo ou é que pretende que o invite ao xantar?

Por unha banda, podo asegurar que descubrir que nos falaban dun blogger noi foi algo inmediato. Nós dixemos que tiñamos un blog, e como se falaramos de Alfa Centauri! Tivemos que explicar un pouco de qué ía a cousa, ate que se deu conta de que eramos da mesma especie que aquel individuo, cousa que nun principio non lle agradou moito, aínda que penso que ao final mudou a súa opinión inicial. Sospeitar que podía ser galego, case nos doeu máis.

Fose de onde fose, xente así é a que da mala fama aos blogs gastronómicos, e fai que críticos e cociñeiros sintan animadversión cara a nós.

Nin me dou por aludida cando leo ou escoito segundo que críticas (aínda que recoñezo que doen, polo descoñecemento do que agroman), nin quero que me identifiquen con personaxes deste tipo. É este un dos motivos polo que asinei o código cociña.

Publicado en Batallas,Gastronomía,Persoal,Viaxes | 7 Comentarios

7 Comentarios so far

Suscríbete a los comentarios RSS

  1. Mai 28, 2008 a las 7:51 a.m.

    magago dice,

    Lamentábel. Fas moi ben en denuncialo e avisalo. O problema é que teño a sensación de que comportamentos coma o deste elemento van a ser máis frecuentes, por desgraza, durante un tempo e, o problema é que se nos vai meter a todos dentro do mesmo saco. A nivel popular, todos somos “interné”, todos xuntiños, a mesma cousa, como unha páxina web enorme. Espero que chegue cedo a seguinte fase, na que moita xente xa saberá diferenciar entre “interné” e o “blog de fulanito”, facendo que estes impresentábeis o teñan máis complicado. O que menos me apetece é verlle unha mala cara a un hosteleiro por sacar unha cámara.

  2. Mai 28, 2008 a las 9:00 a.m.

    Gourmetdeprovincias dice,

    Efectivamente, lamentable.

    Co que nos costa ós que vamos coa boa fe por diante convercer, ás veces, de que non pedimos nada a cambio, sempre hai álgún impresentable que se encarga de mandar ó garete os nosos esforzos nese sentido.

    Por iso o Código Cociña era necesario e por iso mesmo, para compensar, os bloggers cun mínimo de ética debemos esforzarnos en dar boa imaxe e non prestarnos a equívocos. Coa de bos momentos que nos ten deparado isto da blogastronomía, sería unha mágoa que pola actitude lerda de un ou dous egoistas acabase por deteriorarse a imaxe dos que escribimos blogs.

    Estaría ben saber quén foi o individuo, en todo caso.

  3. Mai 28, 2008 a las 9:03 a.m.

    makeijan dice,

    Temo que hai algunhas xeracións que xa non chegarán a ese “nivel de detalle”, do mesmo xeito que para outros, botan cousas pola tele (sen definir ben a canle).

    Isto é aínda máis escandaloso, se temos en conta que busquei unha crítica dalgún blog e non a atopei, co que sospeito que non se trataba máis que dun aproveitado que quería papar de gorra. Só que en vez de dicir que era da guía patapín, decidiu converterse en “blogueiro por un día”.

  4. Mai 29, 2008 a las 1:09 p.m.

    amadeo florentino dice,

    Sería interesante ter o nome do parvobloger para pedirlle aclaracions, e que se defenda si e preciso, e senon é , que pida perdon.

  5. Mai 29, 2008 a las 1:29 p.m.

    makeijan dice,

    Non pensedes que o protexo. Simplemente non o sei…

  6. Mai 29, 2008 a las 2:31 p.m.

    Moraiminha dice,

    E non será porque non o buscaramos… Pero unha de dúas: ou nen sequera era un blogger, ou lle acabou caindo a cara de vergoña e decidiu non escribir nada sobre o restaurante en cuestión…

  7. Xuñ 5, 2008 a las 5:06 p.m.

    Jose Luis Louzan dice,

    ¿Non habera xeito de saber da identidade deses personaxes?
    Estaria ben poder actuar ademais de denunciar.

    Eu non gusto desa vosa capacidade para contar e calibrar de forma que me entenda todo o mundo si me gusta mais un prato que outro. para falar do viño dame pero pouco mais.
    Pero si adoro o modo honesto e compensado, educado e respetuoso co que o facedes. Por iso suscribir o Codigo Cociña.

    Creo que ese tipo de comportamento afecta a nosa credibilidade e deberiamos actuar dalgun modo, ademais de denunciando. Non sei ¿que pensades?

Lo sentimos, pero los comentarios están cerrados para esta entrada.