Ando liado…

Xa hai que non escribo, e non é por falta de temas. 26 entradas a medio escribir. De aquí a un tempo, teño moito traballo mais pouco agradecido, dese que só se nota cando falta. Síntome un pouco coma as canalizacións soterradas baixo os nosos pes e que sobrevoamos todos os días inconscientemente, alleos á súa presenza. Traennos a auga potable, electricidade, gas, comunicacións e levan as nosas augas fecais e pluviais. Ninguén se lembra delas ata que por algún motivo se corta o fluxo que circula por elas, e cae o mundo sobre as nosas cabezas.

Ante este estado de ánimo estoume a refuxiar na lectura (si, qué pasa? ;-)), e nunha nova aventura.

Este curso permitiume ata hoxe baixar a algo menos de 15 metros onde puiden ter nas miñas máns un polbiño e pasar a beiriña dun choco, unhas luras, algas (Marcelo estaría na súa salsa alí embaixo) e unha chea doutros seres acuáticos sen identificar, en parte por falta de coñecementos e pola miña acusada miopía.
Mañá espero baixar cos lentes de contacto, e ver algo máis parecido á este video que fixeron o día da miña primeira inmersión. Cara o minuto catro e pico hai tres tipos axeonllados no fondo, pois o máis da esquerda son eu , o da dereita que parece que fai o parvo pero en realidade está a tentar manter o equilibrio é o tal makeijan ;-).

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/ss_QWTqzV9w" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Mentres teña gañas irei marcando inmersións neste mapiña, que dende que integrou a vista do google earth voltei a tagzania

Inmersion tagged map by user – Tagzania

Publicado en Mergullo | Comentarios cerrados