Paseniño…
setembro 9th, 2008 | by makeijan |Estiven uns días pensando se tiña sentido continuar con isto. Hai tanto que non publico nada!. Arestora acabo de decidir que igual me apetece escribir algo máis cando o tempo me obrigue a quedar máis na casa, e ata recuperar algunha experiencia pasada.
Para o regreso optei por crear algo. Aproveitando que María Loureiro de tecnoloxia.org tivo o detalle de traducir planetaki.com ao galego (moitas gracias), decidín crear un para experimentar e así aglutinar as mensaxes dos blogastrónomos nun punto na rede.
Benvidos ao Planeta BloGastrónomos Galegos.
O meu proxecto inicial era máis ambicioso pero quedará para outro momento. Paseniño...
Por Gourmetdeprovincias o set 18, 2008
Moi chulo!
Gracias.
Por makeijan o set 19, 2008
De nada… a ver se o próximo invento é algo mellor.