23hq. Nova interface e traducción rematada
setembro 27th, 2008 | by makeijan |Levaba xa un tempo desaparecido por varios motivos. O traballo, como non, inmerso en máquinas virtuais que espero me dean algún respiro un día destes, e nunha nova afección, o buceo. Con todo isto adiqueille un tempo a traducir (só a metade, porque xa había traballo de versións anteriores realizada por xabre) a nova versión de 23hq que leva máis un par de meses como oficial, pero non tiven tempo de facerlle un anuncio en concidicións.
O certo é que a traducción nunca está rematada. É máis ben unha especia de beta permanente porque continuamente se están a cambiar cousas, iso sen esquecer que traducir con esa interface web cerca dun milleiro de cadeas é garantía dun cento de erros, que arranxarei se me notificades os que atopedes aquí mesmo, por exemplo.
O motivo da publicación desta entrada é que hai pouco recibín unha mensaxe de Maria do equipo de 23 pedíndome unhas verbas para engadir á páxina. Así aproveito para escribilas, mandarllas e todo liquidado.
What I love about 23 is how easy you can upload your photos, directly from 23 website, via e-mail, using Fotofox extension for Firefox, clicking on the 23 upload button for Picasa...
makeijan, Pontevedra, Galiza
Que máis ou menos en galego é:
O que máis me gusta de 23 é a facilidade ca que podes subir fotos, directamente da web de 23, por correo electrónico, usando a extensión Fotofox de Firefox, premendo no botón 23 de Picasa...
makeijan, Pontevedra, Galiza
Podes ver as miñas fotos na flamante conta PLUS de 23 aquí.