out 05 2008

The Posies + Holywater. Sala Mondo. Vigo

Published by makeijan at 6:50 pm under Concertos, Espectáculos

Hoxe levanteime (atención! novidade) pensando que criterio se debe seguir á hora de dicir se un concerto foi bo ou malo. Quizais en función do son? calidade musical? elección de temas? actitude da banda?. A miña opinión agora mesmo (mañá terei outra) é que un concerto é bo se o pasaches ben nel, e definitivamente onte fun a un concertazo.
Nin foi á mellor actuación que vin de Holywater, con novo look naufrago de Ricardo, e a guitarra de Martín tan baixa que case non se oía, e a The Posies, cun Jon Auer pasado de kilos (pero mellor estar calado, porque coido que iso da idade e o peso é contaxioso) atopeinos un pouco desiguáis, e algo descoordinados por momentos, pero que máis da?

Paseino de medo, con Xosé Manoel, Cesarín e Ángela. Coñecía todas as cancións que se tocaron en case 3 horas de concerto; din chimpos e dancei o que quixen; non esperaba escoitar Coming right alone e sen embargo soou para fechar a primeira parte da actuación dos de Seattle, adicada a rememorar o decimo quinto aniversario da edición de Frosting on the Beater, que agora teño autografiado por Jon e Ken; puiden mercar, por fin, o Tranquility de Holywater, e así desvelar o nome da miña pista preferida, a oito, Last Ulcer,.... qué máis podo pedir?
Como documentación gráfica, á falta das fotos de Cesarinn que chegarán ou non, e pode que algún día ilustren esta entrada, tiro dun dos videos que subiu Refius, pouco despois de rematar a actuación.

Non ven moito a conto, pero como onte me lembrei da actuación do 2001 en La Iguana, subín estás imaxes de dúbidosa calidade que tomei ca miña primeira cámara díxital... e agora a durmila.

Chuzame! chúzame -

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume