ISO 14001 para este local!
outubro 10th, 2008 | by makeijan |Acostumado a ver todo tipo de solucións máis ou menos afortunadas nestes lugares que todos os homes frecuentamos, atopo a solución perfecta nun local perto da fronteira checo-alemana. E non me refiro só ao punto de vista estetico senon tamén á efectividade, resultando nun magnífico neutralizador de cheiros. Se temos en conta o baixo custo, e impacto ambiental... vou ter que ir correndo a patentala.
