out 18 2008

R agasállanos cunha tarde sen conexión a Internet

Published by makeijan at 4:19 pm under Actualidade

Se tes contratado o acceso a internet con R xa sufrirías en carne propia a caída masiva do día de onte. Dende algo antes das 16:30 e ata ben pasadas ás 22 h (isto non o podo confirmar porque non estaba na casa), máis de 200.000 usuarios quedaron sen conexión a Internet, segundo nota de prensa, por un incendio nun cabo de fibra óptica da rede de RENFE.


A miña experiencia foi dunha tarde negra. Primeiro tentando descartar que o problema estea dentro da nosa rede, logo chamando á quen coñecía para tentar facerme unha idea da magnitude da incidencia, que cando confirmei problemas en Pontevedra, Vigo, Santiago, A Coruña e Lugo, xa considerei total.

É curioso como podía utilizar o Skype, acceder á páxina de R, e facer ping aos DNS de Telefónica, pero iso foi todo ao que puiden acceder pola rede de redes. Os teléfonos de atención ao cliente 1445, 1446, 1449, saturados polas chamadas, daban o sinal de que non existía a numeración, e na páxina web de R non aparecía ningunha información ao respecto. Agora mesmo, 24 h despois, os clientes seguimos sen información dende o noso operador.

Hai un pouco apareceu un comentario no foro de bandaancha que fala de dúas incidencias simultáneas, pero sen contrastar as fontes non teñen moita credibilidade.

Esta mañá enviei unha nova a bandaancha.eu, onde podes comentar a túa experiencia, á espera do que nos conten no quecheparece, voceiro oficial de R, e ao mesmo tempo decidín escribir esta entrada para balizar este momento.

Como xa pasou todo, e unha vez feitas as reclamacións, recupero a Enjuto Mojamuto, que actuando de vidente xa nos amosou o que pasaría o día que nos quedaramos sen conexión a Internet.


E non podo evitar amosarvos esta versión que fixeron na Campus Party deste ano, que é espectacular, e crede que a teño moi fresca, porque pasei a tarde do venres recibindo chamadas de tipo:

Interneeeeeeeeee

Llame al servicio técnico, apague y encendí el router...

O mellor é que cando chegue o luns ao choio xa haberá conexión:

Al final la conexión vino sola. Como se fué, vino ;-)

Chuzame! chúzame -

2 Responses to “R agasállanos cunha tarde sen conexión a Internet”

  1. moraiminhaon 13 nov 2008 at 2:23 pm

    A verdade é que, aínda que se fixo esperar, a resposta de R non tivo queixa, alomenos para min.
    O día da avería envieilles un correo electrónico facendo constar a miña queixa, e fai uns días recibín unha chamada pedindo disculpas, e comunicándome que R decidira indemnizarme descontando da miña factura o importe da cuota fixa mensual (combo oficina) e o do mantemento (preferente prata). Hoxe chegoume a factura, onde, tal como me dixeran, non se me cobraron esos conceptos.

  2. makeijanon 18 nov 2008 at 7:17 pm

    Tes razón. Na ofi devolución do combo e o mantemento ouro, ademáis das desculpas, claro…

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume