A Parada das Bestas (Reloaded)

Non sei que contar de A Parada das Bestas que non se teña dito, e é que cando un volta a algún lugar, ca ampla oferta de casas rurales actual, é porque ten algo especial. Como xa hai algunhas entradas en varios blogs onde se relatan as virtudes do lugar, limitareime a tentar ampliar na medida do posible o xa dito, e nesta entrada actuar coma notario dando fe da estupenda cociña, e non menos agradable trato recibido.

Acollémonos ao II Outono Gastronómico no noso último paso por Pidre, e así foron as nosas ceas.

Comezamos cun aperitivo de mexilón…


… para elixir de primeiros tiñamos unha tosta de trigueiros e queixo da ulloa cunha presencia de alfábega (o meu novo termo do día) ao estilo pesto…

…. ou o tradicional follado de verduras ao que me tirei de cabeza nada máis sentarme na mesa…


… os segundos eran ou troitas


… ou un xarrete tenrísimo cun tamaño máis que xeitoso…


… e finalmente as sobremesas, xelado de froitas vermellas con tella …



… ou flan de queixo…


A ecuación está clara:

2 x Cea + 1 HD X 100 € = Fin de semana perfecto

A Parada das Bestas non é so isto. O menú a carta é soberbio como puidemos comprobar o ano pasado e poderedes apreciar nestas imaxes tiradas naquela ocasión (non deixedes de velas), só de lembrar os saquiños de calabacín xa me pesa non ter ceado á carta, mais coma dixo Suso: voltaremos outra vez, e esperando a que chegue o día, xa vou bautizando o noso desexado retorno… A Parada das Bestas (Revolutions).

Chuzame! A Facebook A Twitter
Publicado en Gastronomía,Restaurantes | 1 Comentario

1 Comentario so far

Suscríbete a los comentarios RSS ó haz TrackBack 'A Parada das Bestas (Reloaded)'.

  1. [...] xa contei un par de entradas atrás, visitar A Parada das Bestas supón disfrutar dunha magnífica  gastronomía, conxugada cun precio [...]

Lo sentimos, pero los comentarios están cerrados para esta entrada.

Olark Livehelp