nov 10 2008
BluePrint Now: Edición de DWG en liña!
Nova, nova non é, a xulgar pola data do blog de Solidworks, mais segue a parecerme interesante comentar a pouco coñecida utilidad desta ferramenta de edición de ficheiros dwg en liña. O que vulgarmente chamariamos un AutoCAD on line de balde.
BluePrint Now é o nome do servizo gratuito fornecido por Solidworks, que vai permitir que calquera usuario con SO Windows o Mac OS cun navegador Mozilla Firefox, Internet Explorer ou Safari, poida debuxar a planta da súa casa, ou simplemente abrir un ficheiro DWG para visualizalo e imprimilo a PDF por exemplo.
Como curiosidad , o nome ten coma orixe o método de utilizado en USA para a reproducción de planos, e que seguramente soe de velo nalgún filme, e a pesares do cal non utiliza o característico fondo azul desas follas, tal como se pode apreciar na captura.

Para a súa execución precisamos da instalación do framework SilverLight (do que hai unhas semanas se publicou a v.2) e reponsable da limitación nos sistemas operativos utilizables, aínda que parece que se está a traballar nun version para Linux. Se non o tiveramos instalado, Solidworks Labs invitaranos amablemente a facelo.
O mellor é rexistrarse (obrigatorio) e probalo. Que ninguén pense que é a quintaesencia do CAD, as limitacións que lle atopei no meu curto período de uso foron:
- Lentitude. Rexenerarse depois dun zoom como teñas un traballo un pouco xeitoso dura unha eternidade.
- Limitación a 1 MB. O ficheiros en uso pode ocupar ata 1 MB, e ese é o tamaño que permite de almacenamento online.
- Deshacer limitado a un só comando. Como borres dúas liñas en dous pasos, xa podes esquecerte da primeira.
- Faltan algúns accesos rápidos. Para borrar, escalar, mover, rotar o copiar hai que usar as iconas.
- Non abre DXF. É o formato de intercambio, pode que estea algo en desuso, pero sempre che pode sacar dun apuro, porque todas as aplicacións exportan a este formato.
- Está só en inglés. Non é un problema moi importante, pero o ideal é que estivera en galego ;-).
Por suposto ten cousas boas, e moitas:
- Non precisas instalar unha aplicación para ver un debuxo. Hoxe en día non é habitual que atopar un equipo co Silverlight instalado por defecto, en calquera caso é de balde e se executa no aire. Pode que se convirta en algo tan indispensable coma o Flash Player ou as Máquina Java,
- Podes acceder a un debuxo dende calquera lugar, utilizando o seu almacenamento online.
- Abre DWG dende a versión 14 a 2009. Sí, xa saiu hai uns meses a versión 2009.
- Garda en DWG de 14 a 2009 e en PDF. Por suposto
- Podes debuxar, editar, acotar (medir), xestionar capas, cambiar propiedades de entidades, e en definitiva o funcionamento básico dun software CAD elemental.
En definitiva, pode sacarche dun apuro, e acercanos un paso máis deica a oficina en liña, que parece non estar tan lonxe como supoñía.
chúzame -




