nov 15 2008

VII Xantanza. Programa de actos

Published by makeijan at 12:30 pm under Gastronomía, Xantanzas BGG

A comezos desta semana comuniqueilles aos meus compañeiros blogastrónomos o programa de actos da VII Xantanza. Como xa comentaron algúns deles nos seus blogues, nesta ocasión e de xeito accidental, fun o encargado de organizala, e ocorriuseme facer este pequena antroidada. Un evento desta magnitude (non esquezamos que estamos a contraprogramar o G20, e os xornalistas non van dar feito), non estivo exento de tensións e debates, para a elección de lugar, menú, viño, etc.  Debedes saber que se os gregos non inventaran a democracia, probablemente o teríamos feito nos, a xulgar polo número de  votacións que se realizan antes de cada xantanza.

Grandes festas na honra do Santísimo San Blogastrónomo, patrón das Xantanzas, (e primeiro santo ateo de todos os tempos).

Programa de festas:

  • 12:30 h. Dende todos os puntos do pais, partirá procesión con destino á Capela de Bar O Chavello en As Nogais. (Habilitarase un aparcadoiro fronte ao Santuario e a Casa do Concello, para os autobuses). Responso e sesión vermú (café para os brandos).
  • 12:50 h. Saída en procesión cara a Capela de Xan Busto (Nullán).
  • 13:00 h. Representación do milagre da transformación do leite na sagrada forma do Queixo do Cebreiro.
  • 14:00 h. Saída en nova procesión (e xa van dúas) cara o Santuario de A Lareira. Sesión vermú (si, outra. qué pasa?) amenizada por Sole a Uruguaxa de Santiajo.
  • 14:30 h. Romaría. Polbo, carne ao caldeiro. Carta de Viños. (Barrantes, País e da Casa). Caseta VIP con menú degustación de caza (retirar papeletas en caseta da comisión de festas).
  • 16:30 h. Aproximadamente  Discurso de agradecemento da man de Papa Pitufo gourmet.
  • 17:45 h. Sobremesa amenizada polo cantautor punk, Manolo Foucellas, o n3n0 da Kruña.
  • 19:00 h. Coloquio conducido por Magago. Como levantarse dunha xantanza sen desestabilisarse da risa.

Mañá, pasado ou o outro terei que publicar as diferencias entre o programa oficial e os feitos... Stay Tuned!

Chuzame! chúzame -

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume