VII Xantanza (I). Visita ao berce do Queixo do Cebreiro

Xa pasou o trago da organización, e aínda quedando lonxe da perfección, penso que non quedou tan mal a cousa. Vaiseme facer algo complexo resumir tanta actividade, polo que vou optar por varias entradas temáticas máis cativas, doadas de ler, e que me servirán para lembrar a xornada cando volte a elas.

Está visto que as xantanzas xa non son nada sen actividades paralelas, e para esta ocasión parecía un pecado pasar polas terras do Cebreiro e non visitar unha das súas queixerías. Por proximidade co noso destino, elixín a Queixería Xan Busto en Nullán (As Nogáis), unha das dúas da D.O.P. Queixo do Cebreiro.




Recibiunos Carmen, a matriarca que aturou pacientemente o complexo encaixe dunha caravana de mediaducia de coches, e aínda que eu esperaba que estivera sorprendida polo despregue de cámaras que acompaña aos blogastrónomos, quitounos importancia dicindo:

A semana pasada estiveron os da Galega.

Unha vez quedou claro que dous coches se extraviaran e ían comezar o aperitivo antes cos demáis, Verónica, a filla, guiounos cara o pequeno galpón no que se transforma o leite das súas oito vacas, e que cada 3 días sirve unhas 50 unidades desta pequena xoia luguesa.



Cunha producción dunhas 4000 unidades anuais, que xa ten vendidas, parece un bo negocio, pero o procedemento semiartesanal, desanima as propietarias para aumentar a producción.
Unha das cousas que me resultou máis curiosas, é o tema da forma de sombreiro invertido ou cogomelo. Actualmente os moldes só imitan o que antigamente non era máis que un sobrante de queixo que quedaba fora dos moldes, e se expandía cara a fora polo peso aplicado a modo de prensa.



Ter a producción xa vendida complicou a degustación, pero a un blogastrónomo non se lle pode deixar ir sen probar o produto, e finalmente fixémonos cun exemplar desa elaborado esa mesma mañá, e que levamos A Lareira para degustar, sendo para min un dos grandes éxitos da xantanza.
Queda iso sí, a arela de probar o Queixo Curado do Cebreiro, ese mito do que moito se oe, pero ninguén viu, e moito menos probou. Unha procura que ten toda a traza de levar o mesmo camiño có do Santo Grial... Só que os templarios eran uns afeccionados ao noso lado...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Gastronomía, Xantanzas BGG | 1 Comentario

1 Comentario so far

Suscríbete a los comentarios RSS ó haz Trackback 'VII Xantanza (I). Visita ao berce do Queixo do Cebreiro'.

  1. [...] a miña triloxía, o berce do queixo do cebreiro, a VII Xantanza en A Lareira e as actividades complementarias da mesma. chúzame [...]

Deja un Comentario

Por favor, respeta a los demás usuarios. Tu email no se publicará.