VII Xantanza (II). Casa Rural A Lareira

Pode dar a sensación de que o xantar pasou a segundo plano, pero lonxe diso, converteuse na parte central, común, que nos aglutina a todos.

A visita á Lareira en Nullán (As Nogais) foi organizada baixo un concepto claro: Xantar de caza tradicional. E iso foi o que tivemos. Non me vou espallar moito en descripcións, e simplemente vou salientar as perdices para min o mellor da xornada, e o máis frouxo unha ensalada de froitas.  Tal vez un exceso de primeiros restou protagonismo á caza... é o que ten organizar sen coñecer o local.



Aínda así a cousa non quedou tan mal, e haberá que deixar constancia en imaxes do amplo menú, comezando polos primeiros co queixo de cabra con cebola caramelizada...



.... a empanada de troita ...



... tortilla guisada ...



... continuando ca caza, xabarín con castañas ...


... as perdices que segundo unha sondaxe realizada estes días entre os blogastrónomos foi o mellor prato da xantanza...



...  e o corzo ...



e finalizando cas sobremesas, con esta saborosísima tarta de castaña ...


... piña rechea en primeiro plano e queixo do cebreiro con doce de marmelo no fondo...


... e unha tarta de requeixo con marmelada para coroar o festín.



A lareira presenciou as conversas de sobremesa extendida acompañados do licor café...



... e así pasamos a tarde, uns fóronse pouco a pouco, e outros non nos movemos máis que para coller os nosos habituais Gin Tonic que xa é a bebida blogastronómica por excelencia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Gastronomía, Restaurantes, Xantanzas BGG | 2 Comentarios

2 Comentarios so far

Suscríbete a los comentarios RSS ó haz Trackback 'VII Xantanza (II). Casa Rural A Lareira'.

  1. [...] en papel, profusamente ilustrado, e de xeito telegráfico remato a VII Xantanza onde deixei a entrada anterior, entre Gin Tonics e conversas [...]

  2. [...] a miña triloxía, o berce do queixo do cebreiro, a VII Xantanza en A Lareira e as actividades complementarias da mesma. chúzame [...]

Deja un Comentario

Por favor, respeta a los demás usuarios. Tu email no se publicará.