Os BGG forman parte da nosa historia

Hoxe saiu á venda Xornal de Galicia, un curioso salto inverso, da web ao papel. O caso é que moraiminha mercou un exemplar e hai uns minutos estaba a ver o caderno de lanzamento onde se atopa un gráfico a dobre páxina denominado Roteiros pola historia de Galicia. Por motivos técnicos non puiden reproducir o gráfico, pero si o fragmento que nos chamou a atención: o relacionado coa gastronomía.


Alí salientanse fitos coma aparición de distintas D.O., publicacións de Julio Camba e Álvaro Cunqueiro,  o nacemento da Grupo Nove, a apertura do primeiro restaurante de Toñi Vicente , a Cristina Alcalá, e ao final datados coma S. XXI, aparecen...


Ou aparecemos, porque ao fin e o cabo algo Blogogastrónomo ou Blogastrónomo (como finalmente nos autoproclamamos, mentres non salte a idea dunha nova votación) tamén son.

Pola pequena parte que me toca, agradézolle a David Lombao e Ángela Costas autores do grafismo a nosa inclusión. Aínda que non me parece que teñamos tanta importancia, xa me cambiou a cara para toda a semana.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Actualidade, Batallas, Gastronomía, Intres, Persoal | 3 Comentarios

3 Comentarios so far

Suscríbete a los comentarios RSS ó haz Trackback 'Os BGG forman parte da nosa historia'.

  1. [...] un momento Makeijan me sacó del error. Una doble página a la que no hice mucho caso habla de los “Roteiros pola [...]

  2. dec 9, 2008 a las 10:42 pm

    Blogastrónomos “históricos” | Capítulo 0 dice,

    [...] expectación. E, de pedra nos acabamos de quedar uns cantos blogastrónomos cando Makeijan, en Another Cow in the Corn, nos contou isto: Estaba a ver o caderno de lanzamento onde se atopa un gráfico a dobre páxina [...]

  3. [...] alegra el día Makeijan al hacerme saber que en el diario Xornal de Galicia, que nace hoy en su versión en papel, incluyen [...]

Deja un Comentario

Por favor, respeta a los demás usuarios. Tu email no se publicará.