A lamprea no Chef Rivera

Do mesmo xeito que a propia lamprea non deixa indiferente a quen a proba, ter o privilexio fai agora un ano, de ver como a manipulou o Chef Rivera no Fórum Gastronómico, botou por terra todas as miñas ideas preconcebidas dun dos clásicos da restauración galega, espertando o desexo de facerlle unha visita na súa casa.

Foi así como, organizado polo Gourmet de Provincias, e acompañados dos Sres. de Foucellas e D. Magago, optamos por probar o recén estreado menú degustación de lamprea do Chef Rivera [situación], bautizado coma Peliqueiro.

Comezamos cunha Vichyssoise de apertivo, para limpar o padal e entrarlle a partires de aquí a unha presenza in crescendo do ingredente principal a medida que transcurría o xantar. As Croquetas mal feitas, unha novidade deste ano, foron o primeiro contacto. Nótese que é o nome do prato e non unha apreciación persoal.

Continuamos co recentemente premiado Rissoto caldoso de Lamprea, un dos pratos que xa coñecía e repostou as espectativas.

E a esta altura, chegamos ao meu preferido sen dúbida. A ensalada de lamprea ao espeto con verduras asadas, onde a textura da lamprea somente marinada e marcada á prancha rematou por deixarme sen palabras.


Finalizamos os pratos principais cunha receita tradicional do noso prehistórico acompañante: á bordalaise, coa que dou o contrapunto ao resto de preparacións. Uns grans de arroz salvaxe asinaron a presentación.



Como sobremesa presentounos un sorbete de mazá verde, sobre chocolate e compota, fantástico para refrescarnos.



A traca final veu da man desta orixinal presentación dos petits fours unha peculiar tella presentada sobre un auténtico disco de vinilo.

Os caldos acertadamente seleccionados por magago foron un Marboré 2003, D.O. Somontano que nos acompañou na primeira parte do menú e un Avan Concentración, Ribera del Duero, co que culminamos os pratos de lamprea. Na miña opinión a carta de viño aínda que ampla, bótanse en falta máis referencias galegas de calidade e un axustamento nos prezos.

O prezo: 52 € que con bebidas rematou en algo menos de 62 € por cabeza,; moi amábelmente, fomos convidados aos cafés e ás copiñas de viño de porto coas que puxemos fin ao xantar.

Os meus compañeiros botaron de menos o tamén famoso timbal de lamprea que prepara o Chef Rivera, que non forma parte do menú degustación, máis que puidemos ver cando llo servían á mesa do lado. Aínda que eu xa tiven a sorte de probalo, como os demáis comensais non, quedou pendente para outra ocasión.

Hai unha cara escura na lamprea que se mestura co seu sangue, e lle da sona de indixesta. Cada un terá as súas experiencias e non é día de contar as miñas, mais un experiencia coma a de hoxe ensinoume que parte da culpa tamén está no comensal. Unha reparto equilibrado de doses coma o que desfrutamos hoxe, evita este tipo de molestias.

Un paseo pola vila ilustrado por dous cicerones de excepción, culminou esa xa tardiña. Un breve paso por A Casa dos Martínez, que haberá que visitar, pola boa sensación transmitida na conversa con Quique Martínez e as recomendacións de quen xa o visitaran, o Pazo de Quito, o Convento do Carme e en especial a Igrexa de Santiago de Padrón, que como se dunha historia de aventuras e misterio se tratara, agocha baixo un altar o pedrón, o cal espertou todo tipo de conxeturas e fantasías ao seu redor.

Coma sempre, sacamos unhas fotitos, comemos, bebemos e pasamos unha estupenda tarde, en mellor compaña. Finalizando cunha despedímonos deica a vindeira xantanza que xa está aí, como quen di…

As visións de Gourmet de Provincias, Manoel Foucellas e Magago.

Publicado en Gastronomía,Restaurantes | 7 Comentarios

7 Comentarios so far

Suscríbete a los comentarios RSS

  1. Feb 9, 2009 a las 12:39 a.m.

    magago dice,

    Makeijan, nese texto que me enlanzas non hai nin unha soa conxetura nin ningunha fantasía. Todo o que se di é real, aínda que pareza de película de Indiana Jones. Eis o máxico do asunto.

  2. Feb 9, 2009 a las 1:03 a.m.

    makeijan dice,

    Pode (seguro) que non me expresara con claridade. Non tento tirarlle mérito á túa entrada, só quería lembrar o punto Indiana Jones que vivimos cando abriches o altar.

    Home, permíteme algunha licenza… ;-)

  3. Feb 10, 2009 a las 9:51 p.m.

    magago dice,

    Todas as licenzas que queiras, ho. Simplemente dicir que son un flipado con base real (como todas as boas lendas). :-)

  4. […] lamprea crúa. ¿Non está mal, non? O resto do menú (52 euros máis bebidas) podes lelo en Another Cow in the Corn, Gourmet de Provincias e Pantagruel Supongo. […]

  5. Feb 15, 2009 a las 7:18 p.m.

    octavio dice,

    Buenas tardes,

    Tu blog / sitio llamó la atención de nuestro personal por la calidad de sus ingresos.

    Agradeceríamos que se registre su sitio / blog en Petitchef.com.

    Ptitchef es un directorio con las mejores referencias a sitios web de cocina. Cientos de blogs de todo el mundo ya está registrado, utilice el sitio para satisfacer Ptitchef. (www.ptitchef.com o http://es.petitchef.com)

    Actualmente tenemos más de 150 000 visitantes por día y envió más de 200 000 mensajes de correo electrónico con el menú del día, si usted añade su sitio / blog y poner nuestra TAG su sitio puede recibir miles de visitantes, esperamos su solicitud.

    Para registrarse en Petitchef http://es.petitchef.com/?obj=front&action=site_ajout_form, haga clic aquí o en el vínculo http://es.petitchef.com y haga clic en “Añadir tu blog de sitio” en la barra naranja .

    Atentamente,

    Octávio
    Ptitchef.com

  6. Feb 27, 2009 a las 3:15 a.m.

    O_Fartura dice,

    Collín a foto da Ensalada de Lamprea para ilustrar unha entrada no noso blog.

    http://singraduradarelinga.blogspot.com/2009/02/conto-infantil-noruegues-o-muino-maxico.html

    Non me puiden resistir, hummm

    Grazas.

  7. Feb 27, 2009 a las 10:13 a.m.

    makeijan dice,

    Alédome de que che gustara ;-)

Lo sentimos, pero los comentarios están cerrados para esta entrada.