Xantanza VIII.5. Casa Gerardo: exhibición gastronómica

Disque hai moito que non escrebo. Será que non teño nada que contar, será que cambiaron moitas cousas na miña vida, será que estou algo canso de partillar as miñas experiencias con xente que non coñezo e a que non lle importa ou será un conxunto de todas elas, mais hoxe unha aliñación de marte, actuando coma deus da guerra contra as dietas, cunha das lonxanas lúas de xupiter chamada compango, as conversas con El pingüe, Marcos Morán, e o resto de BGG, déronme o pulo para sair do meu letargo e apuntar catro cousas dun menú pantagruélico, formado por unha pléiade de pratos magníficamente maridados, que non dou descanso ao estómago máis esixente.



Conversas de alto nivel gastronómico ás que chegaba con dificuldade, pero das que aprendín un feixe de cousas, cruzadas con outra futbolísticas de moito menos interés para min, foron cubrindo os espazos entre prato e prato.



Como non vai ser posible detallar as vinte entradas, deixarei que as imaxes ilustren o que pasou por alí… e se teño tempo ben, e quero das as gracias a Marcos e Pedro Morán que xunto ao seu equipo fixeron que as 5 horas que alí pasaron foran un suspiro.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Publicado en Aplicacións,Gastronomía,Restaurantes | 3 Comentarios

3 Comentarios so far

Suscríbete a los comentarios RSS ó haz TrackBack 'Xantanza VIII.5. Casa Gerardo: exhibición gastronómica'.

  1. Mai 10, 2009 a las 8:53 p.m.

    estrelas dice,

    Non se nos canse de patillar con nosco… hai moitas formas de “coñecer xente”…

  2. Mai 11, 2009 a las 9:36 a.m.

    Gourmetdeprovincias dice,

    Si que interesan e si que se botan de menos.

  3. Mai 11, 2009 a las 10:21 p.m.

    makeijan dice,

    Pois vai ser verdade que hai quen me le ;-)
    En 40 días estarei moito máis libre e dentro de 3 meses non terei tempo para nada, a ver se aproveito para escribir algo polo medio….

Lo sentimos, pero los comentarios están cerrados para esta entrada.

Olark Livehelp