Bloques non uniformes en AutoCAD

Por non adicarlle media horiña, perdo moitas oportunidades de deixar, nesta especie de KB persoal, algunhas cousas que aprendo a diario no traballo.  Hoxe vou facer unha excepción, porque recibín a nova versión de AutoCAD (2010), que espero poñer en marcha nun mesiño ou así. Aínda que levamos 2 anos coa versión 2008, sempre aparece alguén cunha dúbida, que depende dun cambio de comportamento mínimo, non presente nunha versión anterior e que xusto cando un está máis apurado,  xorde como unha barreira infranqueable.

Neste caso o problema foi: Como deformar nunha dimensión uns transversais?
A solución é ben doada. Só precisamos de facer un bloque con eles, e inserilos cun factor de escala X ou Y distinto en función das necesidades. Cando todo cheo de razón me dispoño a amosar a solución, atópome con que non podo modificar as escalas por eixos, porque Escala uniforme aparece desactivado:

insertar bloque autocad

Mentres eu esperaba e desexaba esta outra situación, na que sí se pode seleccionar ou non a vontade:

insertar bloque autocad

Despois de darlle moitas voltas e non atopar nada claro pola rede, revelouse ante min a verdade (accidentalmente todo hai que dicilo). Cando se define un novo bloque temos un check no cadro de Comportamiento que se chama Aplicar escala uniforme. Se está activado cando se crea un novo, este non se pode deformar con escalas distintas, e con isto misterio resolto.
Aplicar escala uniforme

O que si me sorprendeu é que non me fixara que neste diálogo as opcións quedan activadas dende a última acción, co que se estamos a crear bloque e activamos accidentalmente Aplicar escala uniforme, todos os que creemos non serán deformables. Pensandoo ben é a situación máis común,  sempre e cando non esteamos a traballar con perfís por exemplo…

Publicado en AutoCAD | Comentarios cerrados

Xantanza VIII.5. Casa Gerardo: exhibición gastronómica

Disque hai moito que non escrebo. Será que non teño nada que contar, será que cambiaron moitas cousas na miña vida, será que estou algo canso de partillar as miñas experiencias con xente que non coñezo e a que non lle importa ou será un conxunto de todas elas, mais hoxe unha aliñación de marte, actuando coma deus da guerra contra as dietas, cunha das lonxanas lúas de xupiter chamada compango, as conversas con El pingüe, Marcos Morán, e o resto de BGG, déronme o pulo para sair do meu letargo e apuntar catro cousas dun menú pantagruélico, formado por unha pléiade de pratos magníficamente maridados, que non dou descanso ao estómago máis esixente.



Conversas de alto nivel gastronómico ás que chegaba con dificuldade, pero das que aprendín un feixe de cousas, cruzadas con outra futbolísticas de moito menos interés para min, foron cubrindo os espazos entre prato e prato.



Como non vai ser posible detallar as vinte entradas, deixarei que as imaxes ilustren o que pasou por alí… e se teño tempo ben, e quero das as gracias a Marcos e Pedro Morán que xunto ao seu equipo fixeron que as 5 horas que alí pasaron foran un suspiro.

Publicado en Aplicacións,Gastronomía,Restaurantes | 27 Comentarios