A casa dos Martínez: Repetirás



Mañá imos A Coruña á IX Xantanza, onde estou seguro que os responsables do Alborada nos han dar un recital, visto o menú adiantado polo organizador de tan magno evento Sr. Foucellas .  Máis quedaría cargo de conciencia se non escribira, aínda que só foran dúas liñas, do noso paso no serán de onte por A Casa dos Martínez.

Hai un tempo  decidín que non levar a cámara enriba non era motivo suficiente para pospoñer a visita a un restaurante, e afortunadamente nesta ocasión temos imaxes do propio Enrique, que ligarei en lugar de apropiarme delas.

Comezamos?

Ceamos nesta mesa, e eu tomei uns chipiróns ao wok coma estes, un solombo de bonito que ata penso que pode xustamente este mesmo, e moraiminha mailo bichoquiño partillaron unhas riquísima sardiñas con toda a súa graxiña,e unha fideua de infarto.

De sobremesa sorbete de mandarina, e unha tarta de queixo, con frambuesas, amorodos confitados e un biscoito de café (ou era licor café?), sobre un fondo dunhas natillas líquidas...

Todo isto, mollado cunhas copas de Zárate, D.O. Rías Baixas, auga, pan e café (que non tomamos) non chegou aos 30 € por cabeza.

Agora só quero voltar e probar ese cava, o carpaccio... todo, quero probalo todo.

Definitivamente non descubrín a pólvora, porque xa os meus compañeiros teñen falado marabillas deste lugar, e non podo máis que agradecerlles que tal fixeran, pero sirva esta pequena entrada, para amosar o meu agradecemento pola velada de onte.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Gastronomía, Restaurantes | 2 Comentarios

2 Comentarios so far

Suscríbete a los comentarios RSS ó haz Trackback 'A casa dos Martínez: Repetirás'.

  1. xull 3, 2009 a las 9:12 pm

    Gourmetdeprovincias dice,

    Un dos meus sitios de cabeceira, sen dúbida. Vou menos do que me gustaría, pero de cando en vez acabo recuncando porque ten unha mezcla moi difícil de atopar de cociña de autor e a sensación de estar na casa.

    Respecto ós pratos, son tamén estupendos os berberechos (cando os ten), a filloa de marisco, as carrilleiras (que non teñen nada que ver con outras) con patacas fritidas das de toda a vida, e de cando en vez unha torta de améndoa e xema que é xustifica por si mesma o desprazamento.

    Eu o propuxen hai uns meses para unha Xantanza. E volverei facelo, porque ademáis un comedor pequeno como o de Enrique penso que se presta ó noso rollo.

    Ata mañá

  2. xull 5, 2009 a las 11:48 am

    makeijan dice,

    O meu voto xa o tes para a vindeira xantanza.

Deja un Comentario

Por favor, respeta a los demás usuarios. Tu email no se publicará.