XX – A décima Xantanza na Culler de Pau – O Grove
Xa choveu dende aquela I Xantanza!. Case 3 anos e con ésta, xa son dez as ocasións nas que nos xuntamos para realizar a nosa particular peregrinaxe polos templos da gastronomía galega.
A X Xantanza correu da man de Geiko. Comezou cunha visita á adega Aguiuncho, a que recentemente premiaron co Mellor Branco de Galicia 2009 polo seu Aguiuncho Barrica 2007. Tras unha breve visita polas súas instalacións, procedemos a probar os caldos desa casa. Non me vexo capacitado para xulgar se é o mellor, pero levei unha botellíña para desfrutalo con calma na casa.

Unha vez rematamos en As Pedreiras, arrancamos cara o destino definitivo de calquera Xantanza que se prece: un restaurante. Desta volta un proxecto moi recente foi o que atraeu as nosas miradas, probablemente pola presenza de cociñeiros nipóns. Este artigo de LVG, inspirado pola visita de Capítulo 0 días antes, engadiuno á miña lista de pendentes, e o consenso dos BGG fíxoa efectiva. A continuación: A Culler de Pau, Javier Olleros e Takahide Tanaka.
Sito en Reboredo, O Grove, a cociña do Culler de Pau pasa por ter o corazón no noso mar, matizado por brillos orientais. O comedor está presidido por unha grande parede transparente, que introduce a mesa nun oceano de millo e bateas ao lonxe na Ría de Arousa. Na parede oposta, outro vidro separa aos comensais dos artesáns, unha imaxe, non menos interesante.

O menú abriuse cunha Sardiña con gazpacho de melocotón. Refrescante e atrevida.

Picou moi alto con este saboroso bocadillo de choco con xema de ovo, espinacas e redución das súas cabezas.
Presentou a primeira chiscadela oriental na albóndiga de boi de mar sobre caldo de crustáceos e aceite de herba boa, non tanto nos ingrendentes coma na presentación.

Artellada ao redor dunha das raiñas das nosas rías, apareceron as vieiras con cebola caramelizada e lámina de touciño. Moi ben.

A presenza do xenxibre (e de Takiña) acompañou ás navallas a 75º sobre caldo dashi e aire de piñeiro.

Non menos saboroso, pero si menos sorprendente é foi o ovo da casa á carbonara de queixo de San Simón e migas de pan. Cando menos no meu caso, o ovo estaba algo pasado de cocción.

Curiosa a presenza da carne antes do peixe principal. Roastbeef sobre crema de patacas, verduras e mostaza

Bo punto, bo xénero, isto faise só. Pescada como unha caldeirada, chícharos e pérolas de tapioca.

Nas sobremesas máis atrevido este primeiro. Remolacha xeada con froitos vermellos, menta e iogur de coco e cítricos.

Outro clásico recente da restauración actual. Torrada da avoa caramelizada, café, leite e cacao. Unha sorte de Tiramisú se queredes. Non precisei tomar café, preferín quedarme con ese goloso regusto.

Os viño acertadamente elixidos foron Val de Sil 2007 un Godello de Valdeorras e Abadía de Gomariz 2006, Ribeiro Tinto dos peculiares artífices da adega Coto de Gomariz. O Moscatel MR acompañou a sobremesa.
Tras as fotos de rigor, e unha visita sorpresa á cociña, agora xa recollida. Despedímonos cara unha longa dixestión axudada polos Gin Tonics de Hendrick’s nun non menos recomendable local na Ría de Pontevedra, O Nautico en San Vicente do Mar, onde rematamos unha xornada que dou comezo oficialmente ao outono a xulgar pola cantidade de auga que caeu esa noite.

As diferentes olladas sobre o mesmo evento permitirán ao lector facerse cunha idea máis fidedigna e cualificada ca miña. Así falaron O Gourmet de Provincias, Capítulo 0, Laconada, Pantagruel Supongo, La caja de los hilos, …


Out 14, 2009 a las 8:46 a.m.
el pingue dice,
Muybien, muy bien pero…. ¿los destellos amarillos de la última foto? ¡Que pena de no haberme puesto el tricornio a la salida……
;)
Un saludo
Out 14, 2009 a las 8:48 a.m.
el pingue dice,
Muy bien, muy bien pero…. ¿los destellos amarillos de la última foto? ¡Qué pena no haberme puesto el tricornio a la salida……!
;)
Un saludo
Out 14, 2009 a las 9:27 a.m.
makeijan dice,
La mitad de los destellos son míos… y yo no conducía ;-).
Out 16, 2009 a las 6:35 a.m.
La caja de los hilos » Blog Archive » Culler de Pau, otra Xantanza dice,
[...] voces de la historia Alex, Xosé, Óscar, Manuel, [...]
Out 23, 2009 a las 9:03 a.m.
Another Cow In The Corn » Arquivo do blogue » Bolachas de nata. As miñas galletas preferidas dice,
[...] Érgome cedo, e pola noite en canto marcha a luz xa non podo comigo. Poñamos por exemplo o día da X Xantanza. Normalmente o día de Xantanza adícase en exclusiva para iso. Máis nada. Nesta ocasión, ao [...]