XI Xantanza. Turismo gastronómico por Santiago de Compostela (I). Abastos 2.0

Chegou e pasou a XI Xantanza. O noso particular xubileo gastronómico pola cidade vella Compostelana, comezou no Abastos 2.0 un novo local aberto no espazo ocupado por 6 postos da Praza de Abastos de Santiago. Disque é o segundo lugar máis visitado de Compostela, e con este novo reclamo leva camiño de converterse no primeiro.

Como teño un terminal novo, e animado polo vídeo da cata de gasosas, lanceime a  experiencia de condensar nun pequeno vídeo toda a experiencia.  Sabedor de que me ía consumir moito tempo, nunca pensei que fora ser tantísimo máis. Coma sempre PI foi o factor corrector entre o miña estimación e o real. Cun móbil, nula planificación e uns viños  isto foi o que saliu.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/BcWiU66n4Vs" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Tamén lle adicaron unha entrada Manoel Foucellas o viaxeiroSole na súa caixa, e os propios implicados comentan a experiencia no seu blog.

Recuperamos desta volta a figura do BGG invitado. Berta, unha blogueira compostelana acompañounos nesta xornada. Así o viviu.

Algún día farei a segunda parte… pero non sei cando… non o sei… non…

Publicado en Gastronomía,Xantanzas BGG | 1 Comentario

Instalación silenciosa de clientes m4PRO e m4Conta

As veces penso que debería utilizar títulos menos descriptivos para fomentar a lectura do blog. Agora non hai que facerlle.

Se coma min tes que facer máis de dez instalacións cada vez que os amigos de Solinat deciden actualizar os clientes, vas atopar unha fantástica (e non documentada) solución aquí.

A cousa é que cos novos informes de Alta Calidad xa tiven que copiar a cada cliente os 3 ficheiriños app de marras, que coa axuda dun script de inicio ou ben co package deployment do OCS Inventory NG se distribuen sen problema, pero non desta volta requerían a actualización de todos os clientes e non servía o meu script anterior.

Por sorte mentres procuraba (aínda sigo) un xeito de despregar a nova versión do PDF Creator, sen a toolbar e familiariceime cos parámetros básicos.

A casualidade fixo que cando fun comprobar a versión do cliente para enviar un correo solicitando (novamente) que agregaran a posiblidade de realizar unha instalación de clientes desatendida, atopei esta agradable sorpresa.

This installation was built with Inno Setup. O mesmo instalador co PDF Creator!. Con estes parámetros como referencia fixen as miña probas e aquí está o resultado:

m4PRO.RED.exe /verysilent /log="c:/solinat/m4PRO.RED/tmp/m4PRO_ins.log"

Para rematar unha breve explicación dos parámetros:

/verysilent : Permite a instalación completamente desatendida.

/log=”<nomeficheiro>” : é opcional pero sempre esta ben saber que foi o que se instalou ademáis de axudar a detectar erros en caso de fallo durante a instalación. Nesta ocasión, por exemplo, servíronme para ver que os ficheiros dos novos informes xa viñan nesta instalación.

2010-01-17 12:53:55.067   — File entry —
2010-01-17 12:53:55.067   Dest filename: C:\SOLINAT\m4CONTA.RED\ReportBuilder.app
2010-01-17 12:53:55.067   Time stamp of our file: 2007-09-21 12:20:36.000
2010-01-17 12:53:55.067   Dest file exists.
2010-01-17 12:53:55.067   Time stamp of existing file: 2007-09-21 12:20:36.000
2010-01-17 12:53:55.067   Installing the file.
2010-01-17 12:53:55.083   Successfully installed the file.
2010-01-17 12:53:55.083   — File entry —
2010-01-17 12:53:55.083   Dest filename: C:\SOLINAT\m4CONTA.RED\ReportOutput.app
2010-01-17 12:53:55.083   Time stamp of our file: 2007-09-21 12:20:40.000
2010-01-17 12:53:55.083   Dest file exists.
2010-01-17 12:53:55.083   Time stamp of existing file: 2007-09-21 12:20:40.000
2010-01-17 12:53:55.083   Installing the file.
2010-01-17 12:53:55.099   Successfully installed the file.
2010-01-17 12:53:55.099   — File entry —
2010-01-17 12:53:55.099   Dest filename: C:\SOLINAT\m4CONTA.RED\ReportPreview.app
2010-01-17 12:53:55.099   Time stamp of our file: 2007-09-21 12:20:38.000
2010-01-17 12:53:55.099   Dest file exists.
2010-01-17 12:53:55.099   Time stamp of existing file: 2007-09-21 12:20:38.000
2010-01-17 12:53:55.099   Installing the file.
2010-01-17 12:53:55.099   Successfully installed the file.

Publicado en Cómo amañei...?,m4PRO | Comentarios cerrados

Galleta mariñeira con foie, confitura de cebola, mazá caramelizada e redución de Tostado de Costeira

Comezamos o ano cunha receita de galletas mariñeiras de nome tan snob coma saboroso o bocado. Espero que saibades perdoarmo, porque foi a preparación elixida co gallo da celebración do primeiro mes de vida do noso fillo, moitas voltas lle din mentres cambiaba cueiros…

Pasaron un par de lúas e xa non me lembro moi ben do que fixen, pero máis ou menos a cousa foi así:

  • Para a base de cebola, piqueina finamente e cociñeina a lume lento xunto a un pouco de aceite e azucre moreno, ata que colleu a textura de confitura.
  • A mazá releina finamente cunha mandolina. Salteeina con manteiga e un nada de azucre moreno. Neste caso estaba moi madura e a variedade era doce en extremo.
  • Se cadra o menos habitual sexa a redución de Tostado de Costeira. Sempre pensei que non tiña nada que envexarlle aos Sauternes cos que se acostuma acompañar o foie. Certo é que o meu peto non me permite experimentar demasiado, e coido que non precisa azucre para acadar a textura idónea. Neste caso utilicei un chisquiño.
  • Fileteei o foie ca axuda dun coitelo quentado con auga para obter unhas finas follas, as que só apliquei un golpe de calor na tixola.

Para montalo, coloquei a galleta mariñeira nun prato, sobre ela unha capa da confitura de cebola, sobre ela unhas folliñas de foie e coronar ca mazá caramelizada. Finalmente ca axuda dun biberón, tirar unha raias da redución de Tostado de Costeira.


A presentación é moi mellorable. A mazá pasouse de punto e perdeu a consistencia desexada, para pasar a ser case unha confitura, e a redución de tostado non precisaba do azucre para acadar o punto óptimo, en definitiva: dos erros tamén se aprende. A pesares de todo este cúmulo de desatinos propios da miña condición de afeccionado, o petisco triunfou na miña casa ;-).

Publicado en Gastronomía,Receitas | 3 Comentarios