Os prezos no século XXI

Non se trata da superficie dunha lúa de Saturno, senon do prezo dunha magnífica bola de pan de Lalín  marcada con bolígrafo. Un método do século XX que perdura nos nosos días.

No tempo dos códigos de barras, chips RFID, bandas magnéticas e demais medios de marcado, aínda  aparecen sorpresas como esta, que abren unha chea de interrogantes: será comestible a tinta? Cumplirá a lexislación en materia de sanidade?

Respostas que escapan dos meus coñecementos, o que si podo afirmar é que o pan era doutro planeta.



Publicado en Gastronomía,Intres,Persoal | 2 Comentarios

Ao Pe do Lar. Un traballo de recuperación da nosa memoria gastronómica

Ao pé do lar é unha exposición enmarcada como actividade paralela ao Fórum Santiago 2010, que se pode disfrutar deica o vindeiro 7 de marzo no Museo do Pobo Galego.

Fomos convidados á inauguración onte ao serán, onde nos atopamos con algúns dos seus responsables, entre eles Manuel Gago, Soledad Felloza e Miguel Vila, transmitíndolles os nosos parabéns (que reiteramos) e aproveitando para percorrela e aprender. Pedagóxica e lixeira pero con moito fondo é o mellor xeito de describila na miña opinión.

Amablemente recibimos como agasallo o libro da exposición, con todas as imaxes e receitas da mesma. Aínda que xa levamos un tempo oíndo falar deste asunto e coñeciamos algunhas das historias, ver o conxunto é como compor un crebacabezas, onde cada anécdota escoitada atopa o seu lugar. E para os máis reticentes só direi, que o traballo de recuperación de seis  receitas desaparecidas ou a piques de selo, xa paga a pena. Calquera visitante pode sair con elas, e preparalas no seu fogar  nun caderno.

Só faltaba a do misterioso licor decimonónico. Haberá quen se anime co Risolio? O tempo dirá…

Quedoume gravar o vídeo, pero igual me animo e lle dou  un repaso. Voltando de Santiago, fixemos unha paradiña na Casa dos Martínez esas receitas tamén desaparecen… do pratos.

Publicado en Eventos,Fórum Santiago,Gastronomía | Comentarios cerrados

XI Xantanza (e II). Casa Marcelo e o menú festival

Levo case 5 horas a editar o vídeo e non lle atopo xeito. Canso xa de pelear con el queda así. Agardo que cando menos, transmita algo do que vivimos os blogastrónomos nesa xornada do 23 de xaneiro, a continuación da primeira parte no Abastos 2.0. NoRestaurante de Marcelo estreamos adega, tomamos o menú festival con algúns clásicos e outros novos, e pasamos uns momentos fantásticos en boa compaña. Nin máis nin menos o que se espera dunha Xantanza.
Era a segunda vez que pasaba por Casa Marcelo. Desfrutade. Visitade Casa Marcelo.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Fnd-iqC-Rxo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
O ambiente do local é acolledor pero non o mellor para plasmalo graficamente. E non, non o digo como desculpa. Un non da para máis.
Outras visións da xornada:

Por certo, nos créditos esquecín a música. O tema é Políticas de inverno por Hannon Ausse do album Summtranses. Podes atopalo aquí, na Regueifa.

Publicado en Gastronomía,Restaurantes,Xantanzas BGG | Comentarios cerrados