Archive for the 'Mozilla.org' Category

Xan 21 2008

Utilizando o VOLGA en Firefox

Unha das moitas carencias que ten a nosa língua en internet é a falta dun diccionario online. Alguén pode dicir que temos isto, pero só para iso podería estar calado. Non está na miña man facer un diccionario, pero sigo a necesitar un lugar onde poder solventar as miñas dúbidas co galego (e abofé, son moitas).

A referencia que máis uso cando estou a escribir e teño algunha dúbida é o VOLGA (Vocabulario Ortográfico da Lingua GAlega), que non ten definicións, mais éche o que hai . Ter que entrar na páxina continuamente non é moi práctico, por iso, dado que ninguén se animou antes, decidín facer un motor de busca para Firefox.

A entrada no VOLGA semella ter dúas páxinas distintas: esta e estoutra. Coa primeira foime imposible traballar (non é que sexa ningún experto), pero coa outra foi doado. Así teño o pracer de presentar o motor de busca do VOLGA.

Volga

Para instalalo non hai máis que ir á páxina de Mycroft Project e buscalo ou ben atallar por aquí. Unha vez alí premer sobre Vocabulario galego R.A.G e listo.

Unha vez instalado verás algo semellante a isto...

Volga firefox motor busca galego

Listo para usar.

Máis nada, esperando que lle sexa tan útil a alguén máis que a min deixovos en paz durante uns diíñas...

Chuzame! chuzame -

17 responses so far

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume