Set
27
2006
Onte paseime pola páxina orixinal do TiddlyWiki e alegroume ver que xa aparecía a traducción o galego. Aínda que alí apareza como entrada do 10 de xullo, non sei cando actualizou a páxina, pero podo garantir que no mes de agosto non estaba. O importante é que xa aparece ;-).
Para celebrar esta fermosa efemeride, correxín uns erros que atopei na traducción (xa quedan menos), e engadín unha entrada para modificar as datas. Pouca cousa, pero como diría un tipo que vin pola tele "Estamos trabajando en ello...".
O enderezo TiddlyWiki en galego.
chuzame -
Xull
16
2006
Xa hai tempo, andaba a buscar algún software que me permitira saber o custe real do meu coche. Andaba daquela preocupado, pola posibilidade de necesitalo para o traballo, e como o prezo que pagan por quilómetro é ridículo, necesitaba saber canto ía perder para ver se me compensaba a operación.
Hai moitos xestores de quilometraxe, pero a característica que eu buscaba non era que só puidera contabilizar o custe económico de encher o depósito, senon que puidese incluir dende a limpeza ata o seguro, pasando por revisións, multas, reparacións, etc... todos os gastos que xera.
Deste xeito atopei pFUEL. Aplicación para palm, de balde (moi importante), libre (tamén importante), e que me permitiu traducila ó galego facilmente.
Entre as súas características destacan:

- En galego ;-)
- Soporte para varios vehículos
- Permite unidades Imperiáis e S.I.
- Permite considerar gastos que non sexan o combustible
- Alarmas. (para revisións, taxas, etc).
- Gráficas de eficiencia e prezo/volume
- ... e máis que agora non acordo ;-)
Que eu saiba ten a triste honra de ser o primeiro software en galego para PalmOS. Ogallá estea errado, e me colguedes varios exemplos nos comentarios.
Próximamente porei unha mensaxe con capturas da versión en galego, que ademáis serán a cor que sempre fai máis bonito. A ver se lle interesa a alguén, e se digna a poñer unhas palabriñas por aquí ;-)
Ligazóns: Páxina principal de pFUEL
chuzame -
Xull
07
2006
En realidade, o que fixen foi modificar o tutorial, para que fose máis doado de visitar, e engadir algunha función máis. No traballo estou tentando levar o control de incidencias dende un. O máis pesado sempre é o comezo, crear as etiquetas, pensar como vai ser máis cómodo... pero ten pinta de ir quedar bastante ben. Próximamente terei que atacarlle ós plugins e ó deseño. Penso que a versión en galego, pode ser maís atractiva cun pouco de tuning. Iso se non me da moito choio, senon queda como está e me preocupe de ver a beta da v.2.1, que prometer ter importantes mellores.
Vos xulgaredes.
O enderezo o de sempre: TiddlyWiki en galego.
chuzame -
Xull
05
2006
Atopei este espectacular xeito de organizar... non sei o que ti queiras... e púxenme a traducilo para que me fose máis bonito escribir nel ;-). De paso, pois fixen un pequenísimo tutorial para que vexades como se manexa... aínda que eu recomendo aprender inglés e ler os tutoriáis espectaculares dos que aprendín eu o pouco que sei nesta semana.
O máis importante, a ligazón: http://makeijan.googlepages.com/tiddlywiki.html
Agradezo calquera comentario referente á traducción e ó uso do wiki.
chuzame -