Xull 16 2006
pFUEL. Controla o consumo do teu coche.
Xa hai tempo, andaba a buscar algún software que me permitira saber o custe real do meu coche. Andaba daquela preocupado, pola posibilidade de necesitalo para o traballo, e como o prezo que pagan por quilómetro é ridículo, necesitaba saber canto ía perder para ver se me compensaba a operación.
Hai moitos xestores de quilometraxe, pero a característica que eu buscaba non era que só puidera contabilizar o custe económico de encher o depósito, senon que puidese incluir dende a limpeza ata o seguro, pasando por revisións, multas, reparacións, etc... todos os gastos que xera.
Deste xeito atopei pFUEL. Aplicación para palm, de balde (moi importante), libre (tamén importante), e que me permitiu traducila ó galego facilmente.
Entre as súas características destacan:

- En galego ;-)
- Soporte para varios vehículos
- Permite unidades Imperiáis e S.I.
- Permite considerar gastos que non sexan o combustible
- Alarmas. (para revisións, taxas, etc).
- Gráficas de eficiencia e prezo/volume
- ... e máis que agora non acordo ;-)
Que eu saiba ten a triste honra de ser o primeiro software en galego para PalmOS. Ogallá estea errado, e me colguedes varios exemplos nos comentarios.
Próximamente porei unha mensaxe con capturas da versión en galego, que ademáis serán a cor que sempre fai máis bonito. A ver se lle interesa a alguén, e se digna a poñer unhas palabriñas por aquí ;-)
Ligazóns: Páxina principal de pFUEL
chuzame - 



