Máis TiddlyWiki

Onte paseime pola páxina orixinal do TiddlyWiki e alegroume ver que xa aparecía a traducción o galego. Aínda que alí apareza como entrada do 10 de xullo, non sei cando actualizou a páxina, pero podo garantir que no mes de agosto non estaba. O importante é que xa aparece ;-).
Para celebrar esta fermosa efemeride, correxín uns erros que atopei na traducción (xa quedan menos), e engadín unha entrada para modificar as datas. Pouca cousa, pero como diría un tipo que vin pola tele “Estamos trabajando en ello…”.

O enderezo TiddlyWiki en galego.

Publicado en Aplicacións,TiddlyWiki | Comentarios cerrados

Actualización TiddlyWiki en galego.

En realidade, o que fixen foi modificar o tutorial, para que fose máis doado de visitar, e engadir algunha función máis. No traballo estou tentando levar o control de incidencias dende un. O máis pesado sempre é o comezo, crear as etiquetas, pensar como vai ser máis cómodo… pero ten pinta de ir quedar bastante ben. Próximamente terei que atacarlle ós plugins e ó deseño. Penso que a versión en galego, pode ser maís atractiva cun pouco de tuning. Iso se non me da moito choio, senon queda como está e me preocupe de ver a beta da v.2.1, que prometer ter importantes mellores.

Vos xulgaredes.

O enderezo o de sempre: TiddlyWiki en galego.

Publicado en Aplicacións,TiddlyWiki | Comentarios cerrados

TiddlyWiki en galego

Atopei este espectacular xeito de organizar… non sei o que ti queiras… e púxenme a traducilo para que me fose máis bonito escribir nel ;-). De paso, pois fixen un pequenísimo tutorial para que vexades como se manexa… aínda que eu recomendo aprender inglés e ler os tutoriáis espectaculares dos que aprendín eu o pouco que sei nesta semana.

O máis importante, a ligazón: http://makeijan.googlepages.com/tiddlywiki.html

Agradezo calquera comentario referente á traducción e ó uso do wiki.

Publicado en Aplicacións,TiddlyWiki | Comentarios cerrados