Archive for the 'AutoCAD' Category

Feb 09 2007

Unindo liñas que non se tocan

Published by makeijan under AutoCAD

Quen non colleu un debuxo aparentemente doado de medir (superficies, lonxitudes...), e cando vai facer un comando AREA ou un LIST, para ter lonxitude e/ou superficie dunha polilínea atopa que non hai máis que liñas e arcos soltos que nin se tocan?. O primeiro é lembrarse da familia do creador de semellante marabilla. A continuación, non queda máis que comezar a unir liñas e usar EDITPOL (PEDIT) para acadar polilñas pechadas para superficies ou non necesariamente para lonxitudes ou distancias. Máis ben era o que quedaba porque con esta opción de EDITPOL (PEDIT), acabouse o conto.

editpol (_pedit) -> [M]ultiple -> [J]untar -> Distancia aproximación (fuzz distance).

Supoñamos estas dúas liñas. (Si, os debuxos quedaronme moi grandes pero penso que coas imaxes é máis doado velo que cun parágrafo de texto).

orixinal

Tipos de juntas: Deberemos seleccionar o xeito de solventar a situación de entre as tres seguintes.

[A]largar: Funciona coma un CHAFLAN (_CHAMFER) a 0.
Alargar
A[ñ]adir: Engade o segmento que falta á poliliña.
Añadir
Á[m]bos: Esta solución seica tenta buscar unha das dúas solución anteriores en función da distancia de aproximación.

Podemos pensar que isto non ten moita utilidade. Agora un exemplo. Imaxinemos unha urbanización coas súas liñas de beirarrúa, beiravía, bordo. Ou mesmo as liñas que marcan as súas instalacións. Nese caso necesitamos medir o máis rápidamente posible. Se é unha poliliña temos posibilidade de facelo, se pola contra son liñas soltas, hai que levar o choio de unilas para facer a poliliña. Aquí é onde entra esta orde. Afinando ben a distancia de aproximación podense unir todas as poliñas, mesmo as que non se tocan, cun só comando. Veslle xa a utilidade?
Iso sí é aforrar traballo.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Feb 02 2007

Seleccionando todo o debuxo

Published by makeijan under AutoCAD

Estou a facer un curso chamado AutoCAD 2006 II (en realidade xa o acabei), impartido como teleformación polo IVAFE. Por unha banda paréceme un pouco unha perda de tempo, pero coma o último deste tipo que fixen foi da versión R14, e xa choveu, vai ser mellor para o meu curriculum vitae que meta un diplomiña de cando en cando. ;-).

Seica é a primeira vez que se fai este curso (pero se xa estamos na versión 2007!!!), ou polo menos esa é a explicación que me dou a titora. Ata o de agora, en 55 temas, xa levo 6 erros Shockwave, que me impediron continuar, noutros tantos temas, e correxín 4 preguntas dos test, así que ando a facer un control de calidade do curso de balde. Sobre o 8 de marzo teño un exame. Espero que a plantilla correctora estea mellor co curso...

Coma sempre falo de calquera cousa menos do que debo. Imos o choio. Algo que aprendín no curso é un xeito de seleccionar todo e debuxo.

Normalmente eu facía:

Zoom Extensión e una xanela cruzada (de dereita a esquerda), para seleccionar todo.

Os novos métodos que vin son o estandard e windows: CTRL+E

Este inserta un escape antes da selección polo que anula o comando en curso. Así o procedemento sería:

CTRL+E + <Comando>

Outro xeito que nunca vira, foi o de escribir na liña de comando: Todo (_All). Neste caso, funcionaría deste xeito:

<Comando> + Todo

A vantaxe deste xeito é que che informa do número de elementos seleccionados, de cantos están nunha pestana distinta da actual, do número deles que están nunha capa bloqueada, cousa que é moi importante no caso de desplazar ou copiar, por exemplo.

Vexamos unha captura que sempre axuda.

Todo _All

Supoño que é suficientemente explicativa.
Finalmente, notade que non terá en conta os elementos incluidos en capas inutilizadas. E agora a seleccionar coma tolos. ;-)

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Xan 24 2007

Un botón para aforrar traballo: UCSFOLLOW + SCP Vista

Published by makeijan under AutoCAD

Como xa comentaba, hai uns meses, a desaparición de VISTADIN (_DVIEW) da versión LT de AutoCAD foi unha p.... (cada un que pense o que queira). A solución que atopei é un sucedaneo, pero funciona, o que sí da e máis choio.

Na miña cruzada persoal por traballar pouco e facer o mesmo, decidín crear este botón para unha barra de ferramentas. Eu sonche máis de liña de comandos, pero se teño que usar dous comandos para facer o mesmo que cun botón, a decisión é doada.

Modifiquei esta icona cun F, para que lembrara Follow: UCSFOLLOW. Cada un que use a que máis lle guste ;-). Se queres descargar e usar esta:

Botón dereito (enriba da imaxe) -> gardar imaxe coma -> e logo elexir o camiño desexado. Por defecto coido que é:

%userprofile%\Datos de programa\Autodesk\AutoCAD LT 2007\R17.0\esp\Support\Icons

Cando edites a barra de ferramentas elexida, só tes que poñerlle un nome ó comando, pegar a macro que aparece a continuación e indicar o camiño da imaxe para a icona (eu poño a mesma nos dous casos ;-)).

^C^C_ucsfollow;1;_ucs;b;

E xa está.

Agora dando un click nese botón e seleccionando unha entidade (unha liña por exemplo), o debuxo xirará de xeito que estea paralelo a esa entidade, é para voltar ó debuxo á súa orientación e coordenadas orixináis só hai que facer scp u (_ucs _w) ou ben usar a icona equivalente.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Xan 10 2007

Sombreados fora de sitio? SNAPBASE

Published by makeijan under AutoCAD

Queres debuxar unha alzado dunha parede, e claro, non deixan de ser catro raias, para darlle un pouco de apariencia, faise necesario usar un sombreado, pero cando o insertas obtes isto.
Snapbase na orixe

Ninguén parte transversalmente un bloque para comezar unha ringleira ;-).

A finalidade do alzado é ilustrar o estado final da obra proxectada, non se trata de pintar un a un os ladrillos, pero se podemos amosar algo coherente, mellor.

Así a solución pasa por usar a variable de sistema SNAPBASE, e seleccionar o punto que desexemos coma orixe do patrón. A continuación, voltamos executar SOMBCONT (_BHATCH), aplicamos o patrón (usei AR-B816C para este exemplo), e a desfrutar do resultado.

Snapbase seleccionado polo usuario

Saíu o cursor, mais non vou repetir a captura por ese despiste ;-).

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Dec 12 2006

De PDF a DWG (II). Hai que ler os manuáis.

Published by makeijan under AutoCAD

Rectificar disque é de sabios. A raiz dun comentario na miña anterior anotación estiven lendo algo máis sobre os PDF. Efectivamente, soporta as capas dende a versión 1.5, que penso equivale ó Acrobat Reader 6 (si, ese cúmulo de despropositos de Adobe).

Aínda que me recomendan usar o Adobe Illustrator para a conversión, non está na finalidade desta serie de artigos utilizar unha solución que teña custe económico para usuario, dado que para iso xa hai aplicacións específicas shareware coas que non teño experiencia, pero parece ser que dan moi bos resultados, por prezos moito máis baixos cós seiscentos e pico euros (máis IVE) que custa unha licenza do Illustrator.

Mentres non remato o resto do artigo cousa, que semella ir para algún tempo, paréceme util salientar un pequeno descubrimento.

Para un traballiño de urxencia tiven que facer unha instalación fora da miña casa. Por fin lle saco rendemento ó tempo que perdo escribindo neste blog. Repetín os pasos do anterior artigo e atopei unha falta. Non me aparecía o PSTOEDIT, instalado por defecto, así que fun buscalo descargueino, instaleino e lin a axuda procurando capas. Así foi como atopei esta opción que sen ser exactamente o que buscaba, sirve para un amaño.

[-ctl] map colors to layers

Deste xeito crearase un DXF coas entidades de cada cor nunha capa distinta. Introducirémola tal como se vé na imaxe, despóis de Editar -> Convertir a formato vectorial.

PS a formato vectorial

Unha vez realizado este proceso, que dura bastante máis que a conversión sen separación de capas por cores (a ollo, que non me puxen a medilo), obtemos un resultado semellante ó desexado.
Capas Cores

Só hai que renomear as capas ó gusto e listo. Insisto que non é perfecto, pero xa tes para eliminar as masas arbóreas  ou as curvas de nivel se non che interesan, por exemplo. Só me restaría filtrar os textos a outra capa, e xa tería un debuxo bastante operativo.

Vou seguir co pequeno script, porque xa o teño medio feito, e faltan os pasos de rotar, etc, mais de momento xa me chegou.

Chuzame! chuzame -

4 responses so far

« Prev - Next »

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume