Erro (0x000014c9),5321 en BAB r11.5 sp3 (II)

Despois de tanto ocio igual hai que poñerse con algo productivo, que xa hai máis dun mes da última anotación práctica. ;-). Continuemos pois co…

Segundo problema

O problema en sí apareceu tras a aplicación dos parches para solventar o erro dos temporais cst*.tmp.

O erro (este de debaixo), produciuse ao aplicar o SP3, prerrequisito para a instalación da actualización que solventaba o problema dos temporáis.

Todo foi ben ata que, de súpeto, quedei sen licenza e ao ir comprobar se estaba ou poder engadila, atopaba esta pantalliña:

Estaba claro que tiña que espilirme para atopar unha solución, porque estaba sen copia de seguridade.

Solución

Todo se reduce a conseguir rexistrarnos de novo. Para iso realizaremos os seguintes pasos:

  1. Executar regedit.exe dende a liña de comandos ou Inicio -> Executar
  2. Sempre que se fedelle no rexistro, compre facer un backup (polo que poida pasar).
  3. Ir a: HKEY_LOCAL_MACHINE\SOFTWARE\ComputerAssociates\License\Products. Aquí hai varias pastas que supoño identifican os distintos productos, e dentro delas as súas chaves correspondentes. Se queremos atopalo rápidamente, procurar a chave e listo.
  4. Eliminar a chave.
  5. Executar: %programfiles%\CA\SharedComponents\CA_LIC\CALicnse.exe Sairá a pantalla de aquí debaixo:
  6. Agregar a chave e listo.

Eu sudei para atopar este executable. Foi porque non teño instaladas as aplicacións %programfiles%, senon noutra pasta dunha unidade distinta de %systemdrive%, e como podedes comprobar o roteiro de instalación dos Shared Components ven predefinido.

A min funcionoume, e a ti?

Publicado en BrightStor A.B.,Cómo amañei...? | Comentarios cerrados

Erro (0x000014c9),5321 en BAB r11.5 sp3 (I)

As voltas que dan as cousas. Hai un tempo tiven un problema. O disco c: do servidor estaba petado, e iso facía que non puideran acceder os usuarios, que se corromperan os perfís, e outros efectos colaterais dos que prefiro non lembrarme. O feito é que solventei os efectos pero non amañei o problema de raiz. Craso erro, do que dou unha breve explicación a continuación.

Primeiro problema

Un bo día cheguei ó choio, e todo o mundo estaba ocioso. Sorprendeume, pero pensei: “O xefe non está”. Así como vou entrando e mentalizándome para unirme ó grupo de ociosos traballadores, dime unha compañeira: “Está todo o mundo parado, porque ninguén pode acceder ao servidor”. Os meus plans cambiaron radicalmente.

Dirixinme o noso armario, e alí atopei unha situación insólita:

%systemdrive% tiña de espacio libre libre 0 kb !!!

Iso non era normal, e explicaba perfectamente o comportamento do servidor. Agora había que procurar o problema.

Diagnosticando

Primeiro abrin o exploradorde windows. Non lembro canto tardou. De feito coido que finalicei a tarefa, e optei pola consola e o comando dir.

Apareceron centos, ou mellor, miles de ficheiros cst*.tmp. Qué proceso os tería creado?

Atopei unha advertencia no visor de sucesos (que non teño documentada) á procura da cinta. Esquecín introducir a cinta de backup, e a aplicación tiña un erro, que xeraba un temporal en C: cada pouco tempo. Toda a noite a pedir a cinta, doulle de sobra para encher o disco.

Todo isto atopeino no KB de CA, que non son tan listo ;-).

Solución

Agora só queda amañalo, para o cal:

  1. Hai que eliminar os temporáis.
  2. Deberemos parchear o BAB para que non se volte repetir a situación.

Para o primeiro paso, a solución da liña de comandos foi a máis efectiva:

del c:\cst*.tmp

Iso sí paciencia, que a cousa vai con calma…

Para o segundo problema, hai un parche, pero para aplicalo necesitaba aplicar un service pack, así que non quedou máis remedio que descargar SP3, instalalo e pregar ;-).

Deste xeito amañei un problema, pero desgraciadamente apareceu outro uns días despóis, que tratarei na segunda parte.

Publicado en BrightStor A.B.,Cómo amañei...? | 1 Comentario

Brightstor ARCServe Backup bate co Internet Explorer 7

Problema

Un bo día da semana pasada fun comprobar os logs das copias de seguridade e atopeime con este erro:

BrightStor ARCServe Backup

Imposible crear el documento vacío.
Failed to create or open document. (en inglés)

Qué documento? Pensaba eu, ata que me din conta de que fixera recentemente unha actualización manual do servidor, e finalmente actualizara o IExplorer 7 e os Terminal Services á RDP 6 (a nova versión).

Non fun quen de amañalo.

Hoxe caeuse o servidor, e cando fun á consola a inicialo, fun ver que pasaba coa copia de seguridade e voilá!. Funcionaba, pero cando voltei o meu posto, seguía o mesmo erro. Nada, xa lle botei a culpa o TS. Busca por problemas co TS e o BAB e non apareceu ren.

A casualidade e paciencia (revisei a KB dos últimos dous meses), e apareceu. O problema era o Internet Explorer 7.

Solución

Xa me lio de máis. O artigo orixinal no CA Support KB é este.

Para os que non pillen ben o guiri, so hai que:

  1. Pechar a consola do BAB. (A icona administrador).
  2. Localizar no camiño de instalación (por defecto %Program Files%\CA\BrightStor ARCserve Backup) a librería psapi.dll a psapi.dll.org. Iso segundo os listos. A idea debe ser renomealo con calquera extensión para que non a atope a aplicación.
  3. Entrar na consola e listo.

Espero que lle sirva a alguén.

Publicado en BrightStor A.B.,Cómo amañei...? | 6 Comentarios