Archive for the 'Cómo amañei…?' Category

Set 13 2007

Visualizando táboas do m4PRO

Published by makeijan under Cómo amañei...?, m4PRO

Un, que é inquedo, gosta de fedellar en todo o que manexa. O m4PRO forma parte do meu día a día, así que sempre que hai que modificar un informe para engadir un campo novo, ou ver onde están almacenados algúns datos rebeldes, necesito botarlles un ollo as táboas.

Como o tema é sempre non gastar un can, hai que procurar moito. Durante un tempo usei DBF Viewer 2000,  mais deixou de ter unha versión freeware,  e parvo de min, non quedei cunha copia do instalador. Durante un tempo andiven probando solucións parciáis ata que finalmente atopei a un inglés  que nos facilita unha solución freeware para visualizar estes datos: o DBF Viewer Plus.

Tratase dunha aplicación das que me gustan a min. Un executable e punto. Podes levala nunha chave USB, ou descargala da súa páxina cada vez que o necesites. Desta vez xa fixen varias copias por se cambia de idea o programador.

A pinta que ten é esta de aquí abaixo. Para o exemplo collín unha táboa de mensaxes internos ou iso me parece a min, que non ten ningún dato delicado.

Podes visualizar case todos os campos e rexistros, e ata modificalos, pero iso mellor non se che ocorra senon queres ter algún problema. O bo é poder consultalos, filtrar e exportar a html (non sei para qué), e a csv (cousa moito máis útil).

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Set 04 2007

Erro (0×000014c9),5321 en BAB r11.5 sp3 (II)

Despois de tanto ocio igual hai que poñerse con algo productivo, que xa hai máis dun mes da última anotación práctica. ;-). Continuemos pois co...

Segundo problema

O problema en sí apareceu tras a aplicación dos parches para solventar o erro dos temporais cst*.tmp.

O erro (este de debaixo), produciuse ao aplicar o SP3, prerrequisito para a instalación da actualización que solventaba o problema dos temporáis.

Todo foi ben ata que, de súpeto, quedei sen licenza e ao ir comprobar se estaba ou poder engadila, atopaba esta pantalliña:

Estaba claro que tiña que espilirme para atopar unha solución, porque estaba sen copia de seguridade.

Solución

Todo se reduce a conseguir rexistrarnos de novo. Para iso realizaremos os seguintes pasos:

  1. Executar regedit.exe dende a liña de comandos ou Inicio -> Executar
  2. Sempre que se fedelle no rexistro, compre facer un backup (polo que poida pasar).
  3. Ir a: HKEY_LOCAL_MACHINE\SOFTWARE\ComputerAssociates\License\Products. Aquí hai varias pastas que supoño identifican os distintos productos, e dentro delas as súas chaves correspondentes. Se queremos atopalo rápidamente, procurar a chave e listo.
  4. Eliminar a chave.
  5. Executar: %programfiles%\CA\SharedComponents\CA_LIC\CALicnse.exe Sairá a pantalla de aquí debaixo:
  6. Agregar a chave e listo.

Eu sudei para atopar este executable. Foi porque non teño instaladas as aplicacións %programfiles%, senon noutra pasta dunha unidade distinta de %systemdrive%, e como podedes comprobar o roteiro de instalación dos Shared Components ven predefinido.

A min funcionoume, e a ti?

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Xull 30 2007

Erro (0×000014c9),5321 en BAB r11.5 sp3 (I)

As voltas que dan as cousas. Hai un tempo tiven un problema. O disco c: do servidor estaba petado, e iso facía que non puideran acceder os usuarios, que se corromperan os perfís, e outros efectos colaterais dos que prefiro non lembrarme. O feito é que solventei os efectos pero non amañei o problema de raiz. Craso erro, do que dou unha breve explicación a continuación.

Primeiro problema

Un bo día cheguei ó choio, e todo o mundo estaba ocioso. Sorprendeume, pero pensei: "O xefe non está". Así como vou entrando e mentalizándome para unirme ó grupo de ociosos traballadores, dime unha compañeira: "Está todo o mundo parado, porque ninguén pode acceder ao servidor". Os meus plans cambiaron radicalmente.

Dirixinme o noso armario, e alí atopei unha situación insólita:

%systemdrive% tiña de espacio libre libre 0 kb !!!

Iso non era normal, e explicaba perfectamente o comportamento do servidor. Agora había que procurar o problema.

Diagnosticando

Primeiro abrin o exploradorde windows. Non lembro canto tardou. De feito coido que finalicei a tarefa, e optei pola consola e o comando dir.

Apareceron centos, ou mellor, miles de ficheiros cst*.tmp. Qué proceso os tería creado?

Atopei unha advertencia no visor de sucesos (que non teño documentada) á procura da cinta. Esquecín introducir a cinta de backup, e a aplicación tiña un erro, que xeraba un temporal en C: cada pouco tempo. Toda a noite a pedir a cinta, doulle de sobra para encher o disco.

Todo isto atopeino no KB de CA, que non son tan listo ;-).

Solución

Agora só queda amañalo, para o cal:

  1. Hai que eliminar os temporáis.
  2. Deberemos parchear o BAB para que non se volte repetir a situación.

Para o primeiro paso, a solución da liña de comandos foi a máis efectiva:

del c:\cst*.tmp

Iso sí paciencia, que a cousa vai con calma...

Para o segundo problema, hai un parche, pero para aplicalo necesitaba aplicar un service pack, así que non quedou máis remedio que descargar SP3, instalalo e pregar ;-).

Deste xeito amañei un problema, pero desgraciadamente apareceu outro uns días despóis, que tratarei na segunda parte.

Chuzame! chuzame -

One response so far

Xun 15 2007

Escribindo os eñes cun teclado internacional

Published by makeijan under Cómo amañei...?

Dende hai unhas semanas temos un novo compañeiro portugués no traballo. Hoxe preguntoume como podía escribir un ñ co seu teclado en portugués, xa que está a traducir unha documentación ó castelán.

O primeiro foi pensar en usar a barra de idioma, pero non semella moi práctico, cambiar cada vez que teña que escribir un.

A segunda opción foi buscar no soporte de Office, curiosamente a resposta non funcionou: CTRL+MAYÚS+~ (TILDE), letra.

As solucións efectivas que atopei foron:

  1. En Ms WORD exclusivamente, CTRL + ~ , n para escribir un ñ e CTRL + ~ , SHIFT + n para un Ñ. Por se hai algún despistado, saliento que a vírgula é para indicar que primeiro hai que premer unha combinación e logo outra.
  2. A posibilidade clásica que sirve en calquera parte do Windows (polo menos en XP), é ALT+164.

Pode serlle útil a calquera que ande polo estranxeiro voluntaria (de vacacións) ou involuntariamente (por traballo).

Chuzame! chuzame -

One response so far

Mai 28 2007

Unha consola remota de WSUS 3.0

O certo é que estes días andiven bastante ocupado, por iso non houbo ningunha actualización do blog. Así que pensei que un día de resaca electoral podería ser unha boa ocasión para facer uns apuntamentos sobre un dos meus últimos descubrementos.
WSUS é o acrónimo de Windows Server Update Services. Tras este nome agóchase unha ferramenta para distribuir actualizacións nun entorno Windows. Esta ferramenta é relativamente sinxela de instalar e utilizar (ainda que che pode complicar a vida seriamente). A versión 1 que se chamaba simplemente SUS, instaleina e xestioneina por un tempo. A súa actualización a WSUS 2, foi ben ata un día e así quedou.

Recentemente pedin a instalación de WSUS 3.0, nunha máquina virtual, e de momento todo semella ir ben.

O detalle que quero comentar está relacionado coa xestión. Ata a versión 2, esta era realizada vía web. Seguramente os problemas co IIS (coma os que eu tiven), fixeron que esta terceira entrega se fixera sobre MMC. Pois ben unha vez tes a consola instalada e executándose no servidor, botas de menos, non te que crear unha sesión terminal, cara a ela, cada vez que tes que aprobar uns parches, ou simplemente para comprobar que todas as máquinas están correctamente actualizadas.

Antes coa xestión web, podías autenticarte dende calquera máquina, pero e agora?

Tes que instalar o componente da consola de administración para o cal necesitas:

  1. Executalo en Windows XP o 2003
  2. .Net Framework 2.0 (como mínimo, pero tamén vale a 3.0).
  3. MMC 3.0
  4. Report Viewer 1.2
  5. Ejecutar la misma instalación que en para instalar WSUS. Seleccionar Instalar consola de administración. Iso se che da a opción de instalar un novo servidor WSUS, aínda que o máis seguro é que so che permita instalar a consola.

Aquí ven o punto delicado. Penso que seguín as instruccións ó pe da letra, e non poñía nada máis. O que sí pasou é que o executar a consola (atopa en Herramientas administrativas -> Microsoft Windows Server Update Services 3.0) e tentar conectarme o servidor non mo permitía.

Unha vez descartados problemas co firewall, lin que era necesario engadir ó usuario que executa a consola a un destes dous grupos locales:

  • Administradores WSUS
  • Informadores WSUS

Os primeiros son os encargados de xestionar o servicio, aprobando parches, etc. e os segundos so pode consultar informes.

Engadir o usuario ó grupo axeitado (o lóxico sería ó grupo de administradores WSUS), e listo. Quero salientar novamente, que os grupos locales do servidor. Non toleedes procurándoos nos do dominio.

Xa so queda conectar a consola ó servidor... e voilà!

Esta chorrada levoume o meu tempo, espero aforrarllo a alguén.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

« Prev - Next »

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume