Un toque galego en Hollywood

Estes días comeme o choio. Non é que sufra unha carga excesiva, senon que a situación pola que atraveso é bastante particular, isto xunto cun ataque formativo sen precedentes na miña historia, fai que o tempo adicado ó lecer (e por extensión a este blog) estea bastante limitado, e voume ver na obriga de espaciar, polo menos durante un par de meses, as miñas anotacións.

Dito isto céntrome na batalla de hoxe ;-). Nestes días pasado tiven a desgracia de ver a versión cinematográfica de Miami Vice. Unha película completamente prescindible, da que non podo salientar máis que a cara de psicópata de Luis Tosar, con eses ollos abertos de par en par no papel de Arcangel de Jesús Montoya, un malvado narco sudamericano, que fai esquecer a aquel xuiz de Portozas, papel co que o coñecín.

Pero non é este o toque galego, senon este outro:

Pode que non sexa novidoso, pero a min fíxoseme simpático ;-). O xornal é El Mundo e a foto de Botín, pero o titular non deixa lugar a dúbida: Caixanova y Amancio Ortega ultiman la compra de Unión Fenosa al Santander. Algunha man galega elixiu esa páxina…

Publicado en Batallas,Cinema,Espectáculos | Comentarios cerrados

Infiltrados (The Departed). Reconciliate co cinema

The Departed Poster

Non sei porqué, pero xa non teño gañas de ver películas. A miña aversión pola xente en xeral, polos floqueiros en particular (xa sabedes, bolsiñas de plástico, pallas a chuchar de refrixerios gaseosos con alto contido en azucre, móbiles soando… en resume, a falta de educación), fan que as miñas visitas ás salas comerciáis sexan moi esporádicas. Aínda así un costume que manteño é o de ir o cine cando ando de viaxe.

Desta vez andiven por Lugo (desta viaxe falarei nesta semana, supoño), e cadrounos de ir ver a última de Martin Scorsese ,The Departed (Infiltrados). Non vou contar de que vai, nin que actores participan. As fichas técnicas están vencelladas onde deben, críticos hai a millóns, e máis dos que che contan tanto da historia que xa non necesitas vela. Só direi que as dúas horas e media que dura pasaron voando, e tivo un final dos que me gustan.

Agora teño ganas de que saia en DVD para vela V.O.s. (Debería ser unha obriga, pero isto xa é outra historia). Por certo, foi esta unha viaxe marcada pola sétima arte, xa que tomamos un viño xunto Imanol Uribe. Non estou seguro ó cento por cento pero casi. Xa me pareceu velo nun bar un día antes, pero ó intensivo ritmo de consumo alcohólico, puido afectar á miña percepción, polo que non fixen caso, pero a segunda vez que o vin, xa ó diga seguinte, compartimos barra un contra o outro, e ata me soou a voz. O que non sabía e que era tan grande, e os que me coñezades sabedes que non son precisamente un pitufiño. O dito, se alguén o coñece, que lle pregunte se andivo por Lugo nesta ponte.
Buscando unha ligazón decente (que non topei, pero algo tiña que poñer para que non o coñeza polo nome), entérome de que anda metido noutra rodaxe.

Publicado en Cinema,Espectáculos | 4 Comentarios