Love of lesbian + Los Guapos en Sala Karma

Se estás dubidando se ir velos a Vigo hoxe ou A Coruña mañá, espabila. Se non o pasas ben, pago eu a entrada! Fun invitado por Ángela da productora Coconut (como non aprendades a escribir A Coruña imos ter un problema), converténdose na primeira vez que asisto a un concerto de gorra.

Love of Lesbian na Sala Karma de Pontevedra

En tan magno evento aprendín dous axiomas que que acompañarán toda a vida.

De Los Guapos:

Juan Pardo es dios

E de Love of lesbian:

Los que vinieron al concierto gratis… ¡son unos hijos de puta!

Uns auténticos poetas…Tomando viño tinto (dende a distancia non o puiden identificar) nunhas copas ben xeitosas e rematando cunha conga e xente do público no escenario, converteuse nunha auténtica festa.

Ritmo… ritmo de la noche…

Publicado en Actualidade,Espectáculos,Festivais | Comentarios cerrados

Lolapop 2007 ou coma o mundo é realmente pequeno (I)

O pasado mes de agosto celebrouse o Lolapop, primeira edición dun festival de música enmarcado nas Festas das Dores de Ponte Caldelas.  Non vai ser esta un crónica moi detallada porque xa pasou tempo e foi unha noite de excesos, mais ben valerá como lembranza do anecdotario  daquela noite.

Ó solpor abriron Portrait cun Pop acústico que entraba ben. Recén chegado do choio, non estaba preparado para moitas estremonías e Moraiminha, que amablemente se ofreceu a levarme ata alí, aínda menos. Ao seu remate fomos cear que, como sempre di a miña nai, un palleiro non se fai sen palla e a noite prometía.

Os seguintes foron Fantasma#3, pero a cea non me permitiu chegar. Unha mágoa porque agora que os escoito e leo sobre eles, lembro o concerto do Primavera Sound do ano pasado e non estivera mal. Ilustro cunha foto dunhas pantasmas que atopei no festival ;-).

Igloo, os escapados/explusados de Deluxe (o Xoel non debe ser bo de aturar), foi a nosa reentrada no festival. Acompañado xa de Cesarinn, non logrei conectarme moito co seu son e atopeinos un pouco uniformes. Quizáis tiña demasiadas espectativas depósitadas neles.

Algo semellante me pasou cos grovenses Nadadora. A onda esta de catequistas refuxiados La buena Vida, Ama, Le Mans, Nadadora…, nunca foi comigo, pero casualmente este verán en Barcelona, escoitei algo do seu último traballo e non o vou negar, gustoume, mais o seu directo non era o que lembraba.

Definitivamente Maga foron os meus elixidos. Estaban ligándome con cada canción, pero xa coa versión de No mires a los ojos de la gente, acabei entregado. Espectaculares.

Remataron Delorean, dos cales non teño foto, cunha pose moi Placebo, e temas de pop electrónico perfectos para deixar bo sabor de boca nun festival deste tipo.

En definitiva, boa organización, boa música (aínda que non toda me gustara), copas e cañas a bo prezo,  pinchas en varios locales de Ponte Caldelas, para que a festa non rematara ata que un o decidira. Espero que disfrutemos dunha segunda edición o ano que ven.

O meu corpo sobre as 6 dixo que xa era hora de retirarse… e deixo resto de historia para outra ocasión que hoxe xa estou canso, case tanto coma a noite do Lolapop…

Publicado en Batallas,Espectáculos,Festivais,Persoal | Comentarios cerrados

SummerCase 2007 BCN (e IV). Imos rematando…

Esta fin de semana, máis concretamente a noite do venres, foi o catalizador deste derradeiro post sobre o SummerCase.

Aínda vou por aí coa pulseira de entrada, e por riba levaba a camiseta do Festipack, co que foi doado identificarme no Lolapop en Ponte Caldelas, lugar onde se desenvolven os feitos desta e da vindeira batalla.

Naquela noite, atopamos a 5 persoas máis que tamén foran ao festival. Deles, tres aínda levaban a banda azul no pulso. Qué míticos somos!

A casualidade fixo que tamén viramos á nosa veciña no avión (esta historia é máis longa e deixoa para a vindeira batalla). Non sei se lembrará do que alí falamos,  pero entre as aventuras e proxectos dos que falamos, concordamos en que un dos mellores momentos fora a actuación de O.M.D. e como tiña un video cativo da actuación decidín compartilo co resto de vos, pobres mortáis que non estabades alí entre os elexidos, baixo unha carpa onde se amalgamaban adolescentes e outros que nos resistimos a deixar de selo mentres comezaban os particulares tons teléfonicos de Maid of Orleans.

[kml_flashembed movie="http://youtube.com/v/youw_nGjOwY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Publicado en Espectáculos,Festivais | Comentarios cerrados

SummerCase 2007 BCN (III). O menú

Quen me coñeza, saberá que ando ben lonxe de ser un snob. Por unha casualidade me atopo entre os blogogastrónomos, e ainda que aprecio un bo xantar, o día a día e sobretodo ocasións excepcionáis, obrigan a recurrir a un dos instintos básicos: Alimentarse. Digoo deste xeito, para que quede clara a diferenza con comer.

Unhas desas ocasións son os festiváis onde se ven podemos xantar ben, a cea é máis complexa, xa que un ten que estar ao que está, e nun evento deste tipo o importante é a música. Foi por iso, que fixen esta foto, mentres tocaban os Kaiser Chiefs no Summer Case (senon me equivoco).
Adiviñanza: Que hai nos envases?

No vaso de cartón: Cervexa

Na botella de auga: Xenebra

Na bolsa de papel: Hamburguesa cociñada hai 6 horas, na outra punta da cidade, co que logramos que a leituga e o tomate se atopen perfectamente confitados, e todos os sabores se integren nun só. Do mesmo xeito o 20% da graxa está impregnada no papel polo que xa non desfrutaremos dela.
Na caixa de galletas: …. galletas!!!

Finalmente a sobremesa, a base dun clásico…

Espero que os meus compañeiros blogogastrónomos saiban desculpar esta deshonra e continúen a falarme… ;-)

Publicado en Actualidade,Espectáculos,Festivais,Persoal | 3 Comentarios

SummerCase 2007 BCN (II). Badly Drawn Boy

Foi unha casualidade. Dous días antes de sair cara Barcelona, con todo maís ou menos organizado, entérome de que toca Badly Drawn Boy. Emocionado pola inesperada nova, diríxome á súa páxina oficial, onde me enterei de que sacara un disco novo.  Non tiña nin idea. Logo entro no foro para ver que se comenta do tema.

Esta mensaxe chamou a miña atención. Unha parella (Sam & Steve) casaba o mesmo día que actuaba no Parc del Fòrum o seu artista preferido, por iso non podía asistir ao seu casamento, pero na tarxeta que lles enviou dixo que tentaría adicarlles unha canción. Os mozos pedían fotos da actuación ou mesmo un video dalguén que presenciara o concerto, e doume por ofrecerme.

Cun mes de retraso, aquí está o cativo video que alí gravei, que agardo compensar coas fantásticas fotos feitas polo Cesarinn e eu mesmo. Está mal que o diga, pero esta de aquí abaixo é moi boa.

A actuación non foi espectacular. Damon estaba bébedo coma un piollo. Mesmo tropezou e caeu. Houbo un momento patético no que tentaba tirar un pitillo e recollelo coa boca. Digo ben tentar, porque penso que non o conseguiu e non esaxero se digo que probou unhas 10 veces.

Aínda así escoitar algúns dos seus temas en directo non tivo prezo.

O video é o resultado de unir dous pequenos momentos nos que esperaba que adicara un tema. Finalmente só lle oín unha dedicatoria a toda a xente boa. Máis fotos aquí.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/MLe68f-Xu2E" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Publicado en Batallas,Espectáculos,Festivais,Persoal | Comentarios cerrados