Pepe Solla da o salto á televisión


PepeSolla
Leo hoxe no Diario de Pontevedra (edición física, sintoo), que Pepe Solla comezará unha serie de 22 capítulos dunha media hora en Canal Cocina. O título do programa, Tus conservas, semella suficientemente explicativo do contido do mesmo.

É certo que xa colabora nalgún programa de Localia Pontevedra, pero que eu saiba é a primeira vez que protagoniza un espazo televisivo, sendo este, xunto cos libros que xa comentei meses atrás, algúns dos proxectos que comentou a un engaiolado grupo de blogastrónomos, naquela inesquecible sobremesa da II Xantanza.

Publicado en Actualidade,Gastronomía,TV | 2 Comentarios

Top Chef: A miña nova serie de culto

Hai unhas semanas coincidín cun capítulo de Top Chef en Canal Cocina, esa canle televisiva  que, coincido con GdP, perdeu o norte fai uns meses. E aproveito que falo dela para referirme á nula atención prestada ao Forum Gastronómico de Santiago nesta canle, fronte a Madrid Fusión. Non vou escribir unha entrada so para iso… mais quero que quede constancia. Canal Cocina … -1 point.

Logo Top Chef

Voltando ao fío, xa que ultimamente non me atrae o apartado culinario á canle, cando menos sácolle algún rendemento con este reality gastronómico chamado Top Chef. Como é doado imaxinar trátase dun grupo de cociñeiros (variable en función da tempada), que son confinados nunha vivenda, e só os sacan para mercar as cousas que cociñarán a continuación. Visto así pode ser pouco atractivo, pero créde que si o é. De entrada, sorprende ver a americanos alimentándose doutra cousa que non sexa comida lixo. Xa sei que é un estereotipo, pero non o creei eu, senon eles…

Recoméndovos que busquedes un horario de emisión que vos veña ben. Mais non vos enganchedes!, porque non hai xeito de seguilo coherentemente. Non acabo de comprender a orde dos programas, dado que hai varias tempadas en curso e siguen un horario moi particular. De feito vin case todos os da primeira tempada (e non direi o gañador, porque seguro que o repiten e é entretido velo de novo), e varios programas da segunda e terceira, sin saber cal é cal.

Ten todos os ingredentes dun reality; mais os resumes son moi dinámicos, cun formato case de videoclip. O fondo musical acompaña perfectamente e so con escoitar esa guitarra muteada me poño en tensión no meu sofá.

Comprimen dúas probas (unha de inmunidade e outra eliminatoria), máis a estancia semanal dos chefs concursantes (illados do mundo), en 50 minutos máis ou menos. Fanlles cociñar de todo e nos máis diversos entornos. Lembro un día que tiñan de público a rapaces. Menudo xurado!, había algún concorrente que se subía polas paredes porque aqueles cativos puideran decidir sobre a súa cociña. Ó eliminado do día dinlle algo así, como recolle os teus coitelos e vaite. 

Gústame que estén todo o día bebendo (viño fundamentalmente, que algún ate semella que non pode cociñar sen unha copa na man), que parece que é do pouco que poden facer no tempo que lles deixan libre. Seica non teñen acceso á prensa, tv, internet… Coma en calquera concurso deste tipo elexiron á xente a conciencia, cada un coa súa lideira, que si unha vexetariana, que si un estarricado que se cree por riba dos demáis, chefs de comida rápida?! (isto non o entendo moi ben). Na mistura está o segredo do éxito…

Quen me dera que alguén se animara a facer algo así por aquí, para esquecer aquela desfeita que foi Esta cocina es un infierno!

E segundo acabo de ver,vai comezar a 4ª Tempada.

Publicado en Espectáculos,Gastronomía,TV | Comentarios cerrados