Archive for the 'Concertos' Category

Nov 17 2006

Fon Román. Sala Capitol. Santiago de Compostela 16/11/06

Published by makeijan under Concertos, Espectáculos

Nunha arroutada, plantámonos, Cesarinn (que por certo, é o autor das fotos) e máis eu, en Santiago a ver a presentación de Silencio cómodo en un jardín descuidado, o primeiro disco de Fon Román en Solitario.

Entrada Fon Román Santiago

Só tiña oido un par de temas, o single Colegio vacío e outro do que non lembro o nome. Inicialmente pareceu unha boa idea, mais houbo un intre mentres andabamos de viños polo Franco, que pensei: "hoxe teño ganas de algo máis contundente". Afortunadamente a cousa non foi tan tranquila como eu esperaba.

Fon tira

Cunha entrada frouxa, que calculo a ollo nun cento de asistentes (para a Capitol non é nada), saiu unha banda formada por Fon á guitarra, voz, e un número indeterminado de pedales de efectos, o baixista de Piratas, Pablo Álvarez, o guitarra que leva na xira Iván Ferreiro (que puxen a parir no seu concerto, e agora teño que papar todo o que dixen), e un batería que según Cesar, era o de Amaral. Abriu con El idiota (se alguén que sei eu se digna a enviarme as fotos...), percorreu o seu disco e pechou cunha versión bastante más cañera que la de Piratas de Hoy por ayer, nun bis un pouco forzado.

Debaixo temos a Fon tocando un Casio PT1 de cor branca. Un dos agasallos de moda cando fixen a Primeira Comunión (que a fixen, aínda que non o pareza XD). Xa me ando a liar outra vez. O tema que interpretaron Fon, o Casio e a irmá (de Fon non do Casio :-P), foi Decidir. Incrible o que se pode facer con este equipo, en especial quero destacar a voz da irmá que era espectacular. Mágoa que un problemiña co jack xerara uns desagradables ruidos aleatoriamente perante a actuación. Cousas de traballar con trebellos de hai tantos anos!.

Fon_decidir

A nota simpática da noite douna a irmá, que novamente voltou saltar ó escenario anunciando que era o aniversario de Fon, e solicitando que lle cantaramos o Parabéns, cousa que fixemos de bo grado, aínda que teño que dicir, non sen certo reparo, que non sei moi ben a letra. Despóis dun paseo por Mr. Google, topei isto que é a versión portuguesa.

Parabéns a voçé
nesta data querida
moitas felicidades
moitos anos de vida

Na miña opinión foi un concerto curto (1:20h), seguramente por falta de repertorio e no que debería engadir algunha versión máis (non necesariamente de Piratas) mentres non teña temas propios. Alongou os fináis con desigual resultado. Penso que é aí onde se nota que anda nun medio novo (cantar e tocar), a pesares de levar moitos anos tocando, non é o mesmo. Semella querer estar a todo, a cantar e desparramarse coas seis cordas. Finalmente o volumen estaba excesivamente alto, preparado para unha grande cantidade de público que nunca apareceu.

Seguramente no verán xa estará pulido e o veremos nalgún festival dos que saen tanto agora. Eu recomendoo, e só que dende que vou o P.S. non me vale nada ;-)

Hoxe toca en Vigo, coido que na Fábrica de Chocolate. É un bo plan, aínda que esa sala sexa un pouco cativa.

Chuzame! chuzame -

3 responses so far

Ago 28 2006

Iván Ferreiro no Nautico de San Vicente do Mar

Published by makeijan under Concertos, Espectáculos

Iván Ferreiro no Nautico de San Vicente do Mar.

Hai unha semana un compañeiro do traballo díxome:

-"Teño que darche unha mala nova. Denunciaron ó Nautico e queren pechalo."

Independentemente da miña opinión sobre o tema, unha das consecuencias desta desafortunada situación, era que o concerto que ía pechar a temporada, e do cal estaban esgotadas as entradas, ía celebrarse no exterior do local, co que aumentaba considerablemente o aforo, e permitiume restarlle horas ó sono do domingo, para pasalas na actuación de Iván Ferreiro.

Do concerto en sí non sei que dicir, estivo ben, pero non toleei. Esperaba o trío formado por Iván, Amaro e Karlos (sen dúbida o mellor da noite), e atopei a un Iván que só cantaba, un guitarra máis e un baixo. Esta equación equivale aproximadamente a Los Piratas, e non era iso o que eu quería.

Soaban bastante ben, se temos en conta que se colaron dúas veces, e que non lle vía o xeito ó guitarra novo (dende logo nos temas de Canciones para el tiempo y la distancia, non pintaba nada). Tocaron varios temas novos, algúns clásicos dos piratas e nos bises saíu Quique González, que cantou a dúo un tema del (seica, que non o coñezo), e logo Tournedo que alongaron metendo versos de varios temas (ata In between days de The Cure), que si me sorprendeu.

Quedoume pena de non sacarlle unha foto ó setlist, que tiñan pousada na mesa de son, e serviría para que me lembrara dalgún título máis.
Definitivamente non era o que esperaba para o derradeiro concerto do Náutico, nin por dende logo para ver por primeira vez en directo a Iván Ferreiro.

Quedareime co concerto que teño gravado de Los conciertos de Radio 3.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

« Prev

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume