Archive for the 'Festivais' Category

Set 10 2007

Lolapop 2007 ou coma o mundo é realmente pequeno (I)

O pasado mes de agosto celebrouse o Lolapop, primeira edición dun festival de música enmarcado nas Festas das Dores de Ponte Caldelas.  Non vai ser esta un crónica moi detallada porque xa pasou tempo e foi unha noite de excesos, mais ben valerá como lembranza do anecdotario  daquela noite.

Ó solpor abriron Portrait cun Pop acústico que entraba ben. Recén chegado do choio, non estaba preparado para moitas estremonías e Moraiminha, que amablemente se ofreceu a levarme ata alí, aínda menos. Ao seu remate fomos cear que, como sempre di a miña nai, un palleiro non se fai sen palla e a noite prometía.

Os seguintes foron Fantasma#3, pero a cea non me permitiu chegar. Unha mágoa porque agora que os escoito e leo sobre eles, lembro o concerto do Primavera Sound do ano pasado e non estivera mal. Ilustro cunha foto dunhas pantasmas que atopei no festival ;-).

Igloo, os escapados/explusados de Deluxe (o Xoel non debe ser bo de aturar), foi a nosa reentrada no festival. Acompañado xa de Cesarinn, non logrei conectarme moito co seu son e atopeinos un pouco uniformes. Quizáis tiña demasiadas espectativas depósitadas neles.

Algo semellante me pasou cos grovenses Nadadora. A onda esta de catequistas refuxiados La buena Vida, Ama, Le Mans, Nadadora..., nunca foi comigo, pero casualmente este verán en Barcelona, escoitei algo do seu último traballo e non o vou negar, gustoume, mais o seu directo non era o que lembraba.

Definitivamente Maga foron os meus elixidos. Estaban ligándome con cada canción, pero xa coa versión de No mires a los ojos de la gente, acabei entregado. Espectaculares.

Remataron Delorean, dos cales non teño foto, cunha pose moi Placebo, e temas de pop electrónico perfectos para deixar bo sabor de boca nun festival deste tipo.

En definitiva, boa organización, boa música (aínda que non toda me gustara), copas e cañas a bo prezo,  pinchas en varios locales de Ponte Caldelas, para que a festa non rematara ata que un o decidira. Espero que disfrutemos dunha segunda edición o ano que ven.

O meu corpo sobre as 6 dixo que xa era hora de retirarse... e deixo resto de historia para outra ocasión que hoxe xa estou canso, case tanto coma a noite do Lolapop...

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Ago 27 2007

SummerCase 2007 BCN (e IV). Imos rematando…

Published by makeijan under Espectáculos, Festivais

Esta fin de semana, máis concretamente a noite do venres, foi o catalizador deste derradeiro post sobre o SummerCase.

Aínda vou por aí coa pulseira de entrada, e por riba levaba a camiseta do Festipack, co que foi doado identificarme no Lolapop en Ponte Caldelas, lugar onde se desenvolven os feitos desta e da vindeira batalla.

Naquela noite, atopamos a 5 persoas máis que tamén foran ao festival. Deles, tres aínda levaban a banda azul no pulso. Qué míticos somos!

A casualidade fixo que tamén viramos á nosa veciña no avión (esta historia é máis longa e deixoa para a vindeira batalla). Non sei se lembrará do que alí falamos,  pero entre as aventuras e proxectos dos que falamos, concordamos en que un dos mellores momentos fora a actuación de O.M.D. e como tiña un video cativo da actuación decidín compartilo co resto de vos, pobres mortáis que non estabades alí entre os elexidos, baixo unha carpa onde se amalgamaban adolescentes e outros que nos resistimos a deixar de selo mentres comezaban os particulares tons teléfonicos de Maid of Orleans.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Ago 20 2007

SummerCase 2007 BCN (III). O menú

Quen me coñeza, saberá que ando ben lonxe de ser un snob. Por unha casualidade me atopo entre os blogogastrónomos, e ainda que aprecio un bo xantar, o día a día e sobretodo ocasións excepcionáis, obrigan a recurrir a un dos instintos básicos: Alimentarse. Digoo deste xeito, para que quede clara a diferenza con comer.

Unhas desas ocasións son os festiváis onde se ven podemos xantar ben, a cea é máis complexa, xa que un ten que estar ao que está, e nun evento deste tipo o importante é a música. Foi por iso, que fixen esta foto, mentres tocaban os Kaiser Chiefs no Summer Case (senon me equivoco).
Adiviñanza: Que hai nos envases?

No vaso de cartón: Cervexa

Na botella de auga: Xenebra

Na bolsa de papel: Hamburguesa cociñada hai 6 horas, na outra punta da cidade, co que logramos que a leituga e o tomate se atopen perfectamente confitados, e todos os sabores se integren nun só. Do mesmo xeito o 20% da graxa está impregnada no papel polo que xa non desfrutaremos dela.
Na caixa de galletas: .... galletas!!!

Finalmente a sobremesa, a base dun clásico...

Espero que os meus compañeiros blogogastrónomos saiban desculpar esta deshonra e continúen a falarme... ;-)

Chuzame! chuzame -

3 responses so far

Ago 11 2007

SummerCase 2007 BCN (II). Badly Drawn Boy

Foi unha casualidade. Dous días antes de sair cara Barcelona, con todo maís ou menos organizado, entérome de que toca Badly Drawn Boy. Emocionado pola inesperada nova, diríxome á súa páxina oficial, onde me enterei de que sacara un disco novo.  Non tiña nin idea. Logo entro no foro para ver que se comenta do tema.

Esta mensaxe chamou a miña atención. Unha parella (Sam & Steve) casaba o mesmo día que actuaba no Parc del Fòrum o seu artista preferido, por iso non podía asistir ao seu casamento, pero na tarxeta que lles enviou dixo que tentaría adicarlles unha canción. Os mozos pedían fotos da actuación ou mesmo un video dalguén que presenciara o concerto, e doume por ofrecerme.

Cun mes de retraso, aquí está o cativo video que alí gravei, que agardo compensar coas fantásticas fotos feitas polo Cesarinn e eu mesmo. Está mal que o diga, pero esta de aquí abaixo é moi boa.

A actuación non foi espectacular. Damon estaba bébedo coma un piollo. Mesmo tropezou e caeu. Houbo un momento patético no que tentaba tirar un pitillo e recollelo coa boca. Digo ben tentar, porque penso que non o conseguiu e non esaxero se digo que probou unhas 10 veces.

Aínda así escoitar algúns dos seus temas en directo non tivo prezo.

O video é o resultado de unir dous pequenos momentos nos que esperaba que adicara un tema. Finalmente só lle oín unha dedicatoria a toda a xente boa. Máis fotos aquí.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Ago 06 2007

Vibrasons 2007

Published by makeijan under Espectáculos, Festivais

Compromisos varios, estado de saúde, traballo, etc. impediron que asistira as tres xornadas que durou o Vibrasons, festival que se celebra por primeira vez este ano na Praza do Teucro de Pontevedra.

O primeiro día quedei con gañas de ver a Los Coronas mítico grupo, formado con compoñentes de Sex Museum e Pleasure Fuckers. Será doutra volta.

Recoñezo que o segundo día ía ver a Cooper. Xa me gustaban Los Flechazos e o novo proxecto de Alejandro seguía a chamarme. Hai uns anos, nunha visita a León, coincidiu que tocaba alí, e aproveitamos para velo na casa. Non defraudou. Merquei o disco, coa entrada ía de agasallo un CD Single - Rabia.

A quen si vin por primeira vez foi a Lucky Soul e se xa me gustou en directo, os temas que oio na súa páxina, aínda me enchen máis. Transpórtanme a unha época que non vivín os 60s británicos, a movida mod, con eses arranxos instrumentais de metais, cordas que para unha nova banda sería inviable levar de xira. Impecablemente vestidos, e con algunhas baixas, unha atípica formación de 4 compoñentes cunha única guitarra acúsitca, en lugar dos 6 que aparecen na súa páxina web, repasaron o seu discoThe Great Unwanted editado recentemente.

Terei que seguirlles a pista, agora que o Summer Case me convertiu nun popeiro irredento.


Cooper decepcionáronme un pouco. O son distorsionado dende o comezo contrastaba coa limpeza de Lucky Soul, probablemente por un altofalante reventado que metía un ruido intolerable. Uns movementos perto do baixista, fixome pensar que os problema viñeron desa banda. Aínda así non había comparación. O que sí tiña Alejandro na súa man eran uns temas que xa coñecía e iso sempre axuda, aínda que non foi suficiente. Unha mágoa...

Pecharon Koacha que para vin dende un local cercano. A súa potencia fixo que saíra xunto con eles nun único bis, para disfrutar dun magnífico tema. Moi na liña deste pop guitarreiro de discoteca como Franz Ferdinand, ou iso me pareceu a min. Bo fin de festa.

Foi o primeiro, e esperemos que non sexa o derradeiro Vibrasons.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Next »

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume