Ao Pe do Lar. Un traballo de recuperación da nosa memoria gastronómica

Ao pé do lar é unha exposición enmarcada como actividade paralela ao Fórum Santiago 2010, que se pode disfrutar deica o vindeiro 7 de marzo no Museo do Pobo Galego.

Fomos convidados á inauguración onte ao serán, onde nos atopamos con algúns dos seus responsables, entre eles Manuel Gago, Soledad Felloza e Miguel Vila, transmitíndolles os nosos parabéns (que reiteramos) e aproveitando para percorrela e aprender. Pedagóxica e lixeira pero con moito fondo é o mellor xeito de describila na miña opinión.

Amablemente recibimos como agasallo o libro da exposición, con todas as imaxes e receitas da mesma. Aínda que xa levamos un tempo oíndo falar deste asunto e coñeciamos algunhas das historias, ver o conxunto é como compor un crebacabezas, onde cada anécdota escoitada atopa o seu lugar. E para os máis reticentes só direi, que o traballo de recuperación de seis  receitas desaparecidas ou a piques de selo, xa paga a pena. Calquera visitante pode sair con elas, e preparalas no seu fogar  nun caderno.

Só faltaba a do misterioso licor decimonónico. Haberá quen se anime co Risolio? O tempo dirá...

Quedoume gravar o vídeo, pero igual me animo e lle dou  un repaso. Voltando de Santiago, fixemos unha paradiña na Casa dos Martínez esas receitas tamén desaparecen... do pratos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Eventos, Fórum Santiago, Gastronomía | Sin Comentarios

XI Xantanza (e II). Casa Marcelo e o menú festival

Levo case 5 horas a editar o vídeo e non lle atopo xeito. Canso xa de pelear con el queda así. Agardo que cando menos, transmita algo do que vivimos os blogastrónomos nesa xornada do 23 de xaneiro, a continuación da primeira parte no Abastos 2.0. NoRestaurante de Marcelo estreamos adega, tomamos o menú festival con algúns clásicos e outros novos, e pasamos uns momentos fantásticos en boa compaña. Nin máis nin menos o que se espera dunha Xantanza.
Era a segunda vez que pasaba por Casa Marcelo. Desfrutade. Visitade Casa Marcelo.


O ambiente do local é acolledor pero non o mellor para plasmalo graficamente. E non, non o digo como desculpa. Un non da para máis.
Outras visións da xornada:

Por certo, nos créditos esquecín a música. O tema é Políticas de inverno por Hannon Ausse do album Summtranses. Podes atopalo aquí, na Regueifa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Gastronomía, Restaurantes, Xantanzas BGG | Sin Comentarios

XI Xantanza. Turismo gastronómico por Santiago de Compostela (I). Abastos 2.0

Chegou e pasou a XI Xantanza. O noso particular xubileo gastronómico pola cidade vella Compostelana, comezou no Abastos 2.0 un novo local aberto no espazo ocupado por 6 postos da Praza de Abastos de Santiago. Disque é o segundo lugar máis visitado de Compostela, e con este novo reclamo leva camiño de converterse no primeiro.

Como teño un terminal novo, e animado polo vídeo da cata de gasosas, lanceime a  experiencia de condensar nun pequeno vídeo toda a experiencia.  Sabedor de que me ía consumir moito tempo, nunca pensei que fora ser tantísimo máis. Coma sempre PI foi o factor corrector entre o miña estimación e o real. Cun móbil, nula planificación e uns viños  isto foi o que saliu.

Tamén lle adicaron unha entrada Manoel Foucellas o viaxeiroSole na súa caixa, e os propios implicados comentan a experiencia no seu blog.

Recuperamos desta volta a figura do BGG invitado. Berta, unha blogueira compostelana acompañounos nesta xornada. Así o viviu.

Algún día farei a segunda parte... pero non sei cando... non o sei... non...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Gastronomía, Xantanzas BGG | Sin Comentarios

Galleta mariñeira con foie, confitura de cebola, mazá caramelizada e redución de Tostado de Costeira

Comezamos o ano cunha receita de galletas mariñeiras de nome tan snob coma saboroso o bocado. Espero que saibades perdoarmo, porque foi a preparación elixida co gallo da celebración do primeiro mes de vida do noso fillo, moitas voltas lle din mentres cambiaba cueiros...

Pasaron un par de lúas e xa non me lembro moi ben do que fixen, pero máis ou menos a cousa foi así:

  • Para a base de cebola, piqueina finamente e cociñeina a lume lento xunto a un pouco de aceite e azucre moreno, ata que colleu a textura de confitura.
  • A mazá releina finamente cunha mandolina. Salteeina con manteiga e un nada de azucre moreno. Neste caso estaba moi madura e a variedade era doce en extremo.
  • Se cadra o menos habitual sexa a redución de Tostado de Costeira. Sempre pensei que non tiña nada que envexarlle aos Sauternes cos que se acostuma acompañar o foie. Certo é que o meu peto non me permite experimentar demasiado, e coido que non precisa azucre para acadar a textura idónea. Neste caso utilicei un chisquiño.
  • Fileteei o foie ca axuda dun coitelo quentado con auga para obter unhas finas follas, as que só apliquei un golpe de calor na tixola.

Para montalo, coloquei a galleta mariñeira nun prato, sobre ela unha capa da confitura de cebola, sobre ela unhas folliñas de foie e coronar ca mazá caramelizada. Finalmente ca axuda dun biberón, tirar unha raias da redución de Tostado de Costeira.


A presentación é moi mellorable. A mazá pasouse de punto e perdeu a consistencia desexada, para pasar a ser case unha confitura, e a redución de tostado non precisaba do azucre para acadar o punto óptimo, en definitiva: dos erros tamén se aprende. A pesares de todo este cúmulo de desatinos propios da miña condición de afeccionado, o petisco triunfou na miña casa ;-).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Gastronomía, Receitas | 3 Comentarios

Casa Solla. Voltarás

Fai uns días, coa escusa de vir coñecer ao Roi Mariño, os Sres. de Foucellas se enfrontaron ao temporal para achegámonos a Casa Solla en Poio, a xantar nun (recoñézoo) dos meus restaurantes favoritos, ao que intento ir un par de veces ao ano. Con máis retraso que D. Manoel, procedo a comentar o menú.

Coma sempre, a comida estivo á altura do esperado, e foi unha sorte comprobar como apenas coincidiu o menú degustación que tomamos desta volta co que probaramos aló por abril, na última visita que lle fixeramos a Pepe Solla e á súa cociña. Nesta ocasión, puidemos comprobar as influencias da cociña chinesa, despois da súa visita (a de Pepe, non da súa cociña) a Shanghai: Unha infusión do coral da vieira acompañounos durante gran parte do xantar, lembrándonos que os chineses beben té durante as súas comidas; o cala-mar en aros , tenro a máis non poder, e cun sabor ben asiático por mor dun aceite de sésamo, que pedía a berros uns palillos para comelo (Foucellas, copiácheslle o comentario a Makeijan!); e un dim sum de centola que me lembrou aos que tomaramos en Beijing, nun chino pijo ao que nos levara un amigo de Makeijan e que fora toda unha revelación en comparación coa comida que serven nos restaurantes chineses aos que tiña ido ata entón.
Pero aínda así, quizais o prato máis salientábel fose a navalla lima-limón, prato sinxelo, pero sen dúbida foi a mellor que teño probado ate agora (en abril, tomarámolo con ostras, tamén espectaculares); e que nos lembra a esa vella costume da xente de mar de comer os bivalvos crús, só cunhas pinguiñas de limón... por se acaso!
Moi ben coma sempre o peixe, mero nesta ocasión, e como prato de carne,  outra vez Pepe Solla xogando co punto das aves, neste caso perdiz, deliciosa en dúas coccións e cun escabeche do máis delicado, pero non apta en parte para quen, coma min, ten certo reparo en comer carne de ave pouco feita.
O xa clásico carro co queixo e marmelo antes das sobremesas redondearon o menú.

As imaxes. Non son tan boas coma as de Foucellas, pero cada un fai o que pode.
O polbo



A infusión



As navallas



O calamar



A "croqueta"



O dim sum



Os cogomelos



Del mar el mero...


A caza


As sobremesas






A conversa con Pepe Solla é un pracer engadido á boa mesa, do que tivemos a sorte de disfrutar, mentres un Gin Tonic de Blackwood's con Fever Tree culminaba o xantar.
Quero rematar con esta pequena anécdota:
Non hai moito pasamos por un restaurante da Costa da Morte, e aínda que non sexa moi axeitado, non puidemos evitar oir a conversa do responsable de sala con outro comensais. Fago miñas a súas verbas cando dixo:

Casa Solla es el templo de los puntos de cocción del pescado.

E non teño nada máis que dicir.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Gastronomía, Restaurantes | 3 Comentarios