Ao Pe do Lar. Un traballo de recuperación da nosa memoria gastronómica
Ao pé do lar é unha exposición enmarcada como actividade paralela ao Fórum Santiago 2010, que se pode disfrutar deica o vindeiro 7 de marzo no Museo do Pobo Galego.
Fomos convidados á inauguración onte ao serán, onde nos atopamos con algúns dos seus responsables, entre eles Manuel Gago, Soledad Felloza e Miguel Vila, transmitíndolles os nosos parabéns (que reiteramos) e aproveitando para percorrela e aprender. Pedagóxica e lixeira pero con moito fondo é o mellor xeito de describila na miña opinión.
Amablemente recibimos como agasallo o libro da exposición, con todas as imaxes e receitas da mesma. Aínda que xa levamos un tempo oíndo falar deste asunto e coñeciamos algunhas das historias, ver o conxunto é como compor un crebacabezas, onde cada anécdota escoitada atopa o seu lugar. E para os máis reticentes só direi, que o traballo de recuperación de seis receitas desaparecidas ou a piques de selo, xa paga a pena. Calquera visitante pode sair con elas, e preparalas no seu fogar nun caderno.
Só faltaba a do misterioso licor decimonónico. Haberá quen se anime co Risolio? O tempo dirá...
Quedoume gravar o vídeo, pero igual me animo e lle dou un repaso. Voltando de Santiago, fixemos unha paradiña na Casa dos Martínez esas receitas tamén desaparecen... do pratos.















